Cristina Losada
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1954 Vigo, España |
| Educación | Universidade Complutense de Madrid |
| Actividade | |
| Ocupación | xornalista |

Cristina Losada Fernández, nada en Vigo en 1954, é unha xornalista, escritora e política galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou o bacharelato en Vigo e licenciouse en Ciencias Políticas e Socioloxía na Universidade Complutense de Madrid, onde militou na Liga Comunista Revolucionaria entre 1972 e 1977. Foi documentalista e redactora do diario Pueblo, tradutora e redactora da axencia Colpisa e colaborou en esRadio, COPE, Onda Cero e TVG. É columnista de Libertad Digital, editora do blog Heterodoxias.net e coautora do programa El Búho. Tamén é membro do consello de administración de Telemadrid e presidenta da Asociación Vigueses pola Liberdade. Foi candidata de Cidadáns á presidencia da Xunta nas eleccións ao Parlamento de Galicia 2016[1].
Notas
[editar | editar a fonte]Obras
[editar | editar a fonte]- Morfina roja, 2008.
- Un sombrero cargado de nieve, 2016.
Obras colectivas
[editar | editar a fonte]- Por qué dejé de ser de izquierdas, 2008.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cristina Losada |