Creta (xeoloxía)
Creta (xeoloxía) | |
---|---|
Fórmula química | CaCO3 |
Cor | branca |
A xiz, xiz de Creta, pedra calcaria de Creta ou só creta[1][2] é unha rocha sedimentaria branca, porosa e branda de orixe orgánica, unha forma de pedra calcaria usada para a cal. A súa formación débese á acumulación de enormes cantidades de restos de cocolitóforos, algas microscópicas cubertas por diminutas placas de calcita (cocolitos). É frecuente atopar nódulos de sílex asociados ao xiz.
Un exemplo de rochas feitas de giz son os cantís de Dover, no sur de Inglaterra.
O sistema e período Cretáceo toma o seu nome desta rocha.[3]
Descrición
[editar | editar a fonte]Está composto principalmente por pequenos fragmentos de calcita de cunchas ou esqueletos de plancto, como os foraminíferos ou cocolitóforos.[4] Estes toman principalmente a forma de placas de calcita que van desde 0,5 a 4 micras (micrómetros) de tamaño, aínda que preto de 10% a 25% dunha creta típica está composto por fragmentos que son de 10 a 100 micras de tamaño. Os fragmentos máis grandes inclúen esqueletos de plancto intactos e fragmentos esqueléticos de organismos máis grandes, como moluscos, equinodermos ou briozoos.[5][6]
A creta ou xiz é normalmente calcita case pura, CaCO
3, con só entre un 2% e un 4% doutros minerais. Normalmente son cuarzo e minerais de arxila, aínda que ás veces tamén está presente colofano (apatita criptocristalina, un mineral fosfato, como nódulos ou pequenos gránulos interpretados como gránulos fecais).
O giz é moi poroso, con valores típicos de porosidade que oscilan entre o 35 e o 47 %.
É identificable pola súa dureza, o contido en fósil e a súa reacción ao ácido (produce efervescencia ao contacto).[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Dicionario RAG; creta". Real Academia Galega. Consultado o 2022-07-15.
- ↑ "bUSCatermos; creta". aplicacions.usc.es. Consultado o 2022-07-15.
- ↑ "creta - vctrac". vctrac.es. Consultado o 2022-07-15.
- ↑ American Geological Institute, ed. (1997). "Chalk". Glosario de xeoloxía (Cuarto ed.). Alexandria, Viriginia. ISBN 0922152349.
- ↑ "Chalk". Craven & Pendle Geological Society. Arquivado dende o orixinal o 20 de xuño de 2009.
- ↑ 6,0 6,1 "Chalk: A biological limestone formed from shell debris". geology.com. Consultado o 2022-07-15.
Este artigo sobre xeoloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Creta |