Creep (filme)
Creep | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Creep |
Director | Christopher Smith |
Produtor | Julie Baines Martin Hagemann Barry Hanson Robert Jones Kai Künnemann Jason Newmark |
Guión | Christopher Smith |
Intérpretes | Franka Potente Ken Campbell Vas Blackwood Jeremy Sheffield |
Música | The Insects |
Fotografía | Danny Cohen |
Montaxe | Kate Evans |
Estudio | UK Film Council Filmstiftung NRW Dan Films Zero West |
Estrea | 10 de agosto de 2004 25 de febreiro de 2009 (TVG) |
Duración | 81 minutos |
Orixe | Reino Unido Alemaña |
Xénero | Terror |
Na rede | |
Creep é un filme de terror británico dirixido por Christopher Smith que se estreou no 2004. Estreouse en galego na TVG o 25 de febreiro de 2009.[1]
Sinopse
[editar | editar a fonte]Sen un só taxi libre no West End de Londres, Kate decide coller o metro. Ó estar un pouco bébeda, agarda nun banco da plataforma, pero acaba quedando durmida. Cando esperta decátase de que todo o mundo desapareceu. Presa do pánico, intenta saír da estación, pero todas as saídas están pechadas. De súpeto, un tren chega á parada e ela monta nel malia que o vagón está completamente baleiro. O seu acougo ante o que semella o seu regreso a casa transfórmase en arrepío cando o convoi se detén na metade do túnel e o seu vagón queda a escuras. Kate está a piques de enfrontarse a unha serie de sucesos aterrecedores que porán a proba a súa resistencia e a súa mente ata o límite.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Franka Potente como Kate
- Vas Blackwood como George
- Ken Campbell como Arthur
- Jeremy Sheffield como Guy
- Paul Rattray como Jimmy
- Kelly Scott como Mandy
- Joe Anderson como Modelo masculino
- Sean Harris como Craig, o "Creep"
Galardóns e nomeamentos
[editar | editar a fonte]- 2004: Festival de Sitges: Sección oficial longametraxes a concurso.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Creep na TVG". Diario Siglo XXI. 23 de febreiro de 2009. Arquivado dende o orixinal o 26 de decembro de 2013. Consultado o 26 de decembro de 2013.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha na IMDb (en inglés)