Crates de Atenas (poeta)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaCrates de Atenas
Biografía
Nacementoséculo IV a. C. Editar o valor em Wikidata
Atenas, Grecia Editar o valor em Wikidata
Mortevalor descoñecido Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeAntiga Atenas Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncomediógrafo , poeta Editar o valor em Wikidata
MovementoOld Comedy (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaGrego antigo Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsEpilycus (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Crates de Atenas (en grego antigo Κράτης) foi un poeta cómico grego da comedia antiga.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi un contemporáneo un pouco máis novo de Cratino de Atenas e foi actor nas súas comedias antes de que el mesmo comezase a escribilas, segundo Dióxenes Laercio. Floreceu despois do -449 e segundo Aristófanes morreu antes do -424. Tamén di que foi un dos escritores máis importantes da xeración anterior á súa, e que as súas comedias eran educadas e enxeñosas. Segundo outras fontes, buscou a alegría e a diversión nas súas obras, e mesmo introduciu personaxes borrachos na escena. O seu exemplo foi seguido por autores posteriores, e para os poetas da comedia nova era unha práctica habitual. Aristóteles di na Poética que foi o primeiro cómico ateniense que abandonou o estilo iámbico e compuxo obras de teatro cunha trama coherente, seguindo o estilo dos poetas cómicos sicilianos.

Hai moita confusión sobre os títulos e obras de Crates. Suídas mestura dous autores co nome de Crates, e fai deles un só. Outros gramáticos din que escribiu sete ou oito comedias, pero os títulos que se lle poden atribuír son catorce:

  • Γείτονες ('Geitones', Veciños).
  • Διόνυσος 1. ('Dionisos', Dioniso).
  • Ἥρωες ('Heroes' Herois).
  • Θηρία ('Theria').
  • Θησαυρός 1. ('Thesauros' Tesouro).
  • Λάμια ('Lamia' Lamia).
  • Μέτοικοι 1. ('Metoikoi' Metecos).
  • Ὄρνιθες ('Ornices' Paxaros).
  • Παιδιαί ('Paidiai' Nenos, Rapaces).
  • Πεδῆται 1. ('Pedetai' Cadeas).
  • ᾽Ρήτορες ('Retores' Coñecidos, Célebres).
  • Σάμιοι ('Samioi' de Samos).
  • Τόλμαι ('Tolmai' Valentes).
  • i Φιλάργυρος1. ('Filargyros' amante do diñeiro).

1. de adscrición incerta.

Estes oito poderían ser obra súa:

  • Γείτονες
  • Ἤρωες
  • Θηρία
  • Λάμια
  • Παιδιαί
  • Ρήτορες,
  • Σάμιοι,
  • Τόλμαι

O estilo e a linguaxe de Crates son sinxelos e elegantes, con poucas palabras eruditas e sen construcións elaboradas. Emprega unha peculiaridade métrica moi rara, xa que coloca un final en espondeo nun tetrámetro anapéstico[1].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Crates a: William Smith (editor), A Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology. Vol. I. Boston: Little, Brown & Comp., 1867, p. 833