Cosme López Rodríguez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 16 de decembro de 1915 Óutara, España |
Morte | 27 de agosto de 1987 (71 anos) A Rúa, España |
Alcalde da Rúa | |
1979 – 1985 (dimisión) – José Vicente Solarat López → | |
Actividade | |
Ocupación | mestre, político |
Cosme López Rodríguez, nado o 16 de decembro de 1915 en Óutara (A Pobra do Brollón) e finado na Rúa o 27 de agosto de 1987, foi un mestre e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou na Escola Normal de Maxisterio de Ourense. Empezou como mestre substituto na escola da Aira Vella en novembro de 1936. Despois da guerra reincorporouse como docente en Celanova e Coles. En 1944 foi destinado á Escola Unitaria da Rúa onde permaneceu ata a inauguración da Agrupación Escolar Manuel Respino que impulsou e dirixiu ata a súa xubilación, o 1 de xaneiro de 1983.
Foi alcalde do concello da Rúa pola UCD nas primeiras eleccións democráticas, sendo reelixido en 1983 á fronte de Coalición Galega. Mantívose no cargo ata a súa dimisión en decembro de 1985.
En marzo de 1987 déronlle o seu nome ao IES da Rúa.
Predecesor: César Prada Rodríguez |
Alcalde da Rúa 1979 - 1985 |
Sucesor: José Vicente Solarat López |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Biografía na web do IES Cosme López Rodríguez Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine.