Cornos de ouro de Gallehus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 55°42′36″N 9°32′00″L / 55.71000, -9.53333

Copias dos Cornos de Gallehus expostos no Museo Nacional de Dinamarca.

Os Cornos de ouro de Gallehus son dous cornos chapados en ouro, que foron atopados en Gallehus, ó norte de Møgeltønder, Dinamarca.[1] Datan de comezos do século V, é dicir, ó comezo da Idade de Ferro xermánica.

Os cornos foron atopados en 1639 e en 1734, respectivamente, en dous lugares a 15 ou 20 o un do outro.[1] Están formados con segmentos de folla de ouro dobre. Ámbolos dous foron atopados; o meirande (1639) tiña orixinalmente sete segmentos con ornamentos, ó cal engadíronselle seis segmentos de fricción e un bordo liso, posiblemente por un restaurador do século XVII. O corno máis pequeno (1734) tiña seis segmentos, cunha estreita inscrición protonórdica en futhark antigo, e cinco ornamentos con imaxes. Non está claro se os cornos eran empregados como recipientes de bebida, ou como instrumento de vento, aínda que os cornos de bebida adoitaban ser obxectos de luxo feitos de metais preciosos.

Os cornos orixinais foron roubados e fundidos en 1802. Os moldes de xeso feitos no século XVIII tamén se perderon. As réplicas dos cornos están baseadas exclusivamente nos debuxos da época e polo tanto están rodeadas de incertezas. Porén, as réplicas creadas están expostas no Museo Nacional de Dinamarca, en Copenhague, e no Museo Moesgård, preto de Aarhus. Estas réplicas tamén foron roubadas e recuperadas por dúas veces, en 1993 e en 2007.

Incrición rúnica[editar | editar a fonte]

O segundo corno ten a seguinte inscrición en futhark antigo (DR 12 †U):

(debuxo de 1734 baseado no corno orixinal)
ᛖᚲᚺᛚᛖᚹᚨᚷᚨᛊᛏᛁᛉ᛬ᚺᛟᛚᛏᛁᛃᚨᛉ᛬ᚺᛟᚱᚾᚨ᛬ᛏᚨᚹᛁᛞᛟ᛬ (rúnico)
ekhlewagastiz:holtijaz:horna:tawido: (transliteración)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Official Danish news (DR) page with fact box regarding the subject (en dinamarqués); Os cornos foron identificados como Tunderense na literatura antiga.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]