Coreanos en Micronesia
Coreanos en Micronesia | |
---|---|
Poboación | |
Poboación total: 7 512 (2013) | |
Rexións principais: | |
Guam | 5 016[1] |
Illas Marianas do Norte | 2 281[1] |
Palau | 122[2] |
Micronesia | 47[3] |
Illas Marshall | 45[4] |
Kiribati | 1[5] |
Aspectos culturais | |
Lingua | Lingua coreana e lingua xaponesa[6] |
Grupos relacionados | Diáspora coreana |
A inmigración de coreanos en Micronesia refírese ao asentamento de coreanos en Micronesia como unha poboación significativa antes de segunda guerra mundial, cando a maioría da rexión foi gobernado como o Mandato dos Mares do Sur do Imperio do Xapón; por exemplo, en 1943 formaban o 7,3% da poboación de Palau. Porén, despois de que a zona pasase baixo o control dos Estados Unidos como Territorio en Fideicomiso das Illas do Pacífico, a maioría dos coreanos regresaron á súa terra natal. En 2013, uns sete mil expatriados e inmigrantes surcoreanos e coreano-americanos residían nas Marianas (Guam e as Illas Marianas do Norte), que permaneceron baixo control estadounidense, mentres que só uns douscentos expatriados surcoreanos residen nos países independentes de Micronesia.
Época colonial xaponesa (1914-1945)
[editar | editar a fonte]A medida que a demanda de man de obra aumentou moito co inicio da guerra, as autoridades xaponesas recorreron á península coreana como fonte de traballadores baratos.[7] Os primeiros obreiros coreanos chegaron a Palau en xaneiro de 1939, un grupo de 500; foron empregados por Hōnan Sangyō K.K. (豊南産業株式会社) no procesamento da mandioca. Dende entón e ata febreiro de 1940, chegaron a Palau 13 cargamentos por un total de 1.266 traballadores coreanos.[8]
Un censo de 1943 mostrou que a poboación coreana total de Palau era de 2.458, ou o 7,3% da poboación da época; eran só unha décima parte do tamaño da poboación xaponesa. 864 vivían en Babeldaob, outros 721 estaban aloxados na base naval da illa Malakal, 539 vivían en Angaur, e os 334 restantes estaban espallados por outros lugares.[9]
Había uns 2.400 coreanos en Tinian no momento da batalla homónima de xullo de 1944 que levou a illa baixo control dos Estados Unidos; saudaron con entusiasmo a súa liberación do colonialismo xaponés e doaron 666,35 US$ aforrados dos seus 35 céntimos/día de salario para promover o esforzo bélico.[10]
Xunto cos xaponeses, os coreanos foron todos repatriados despois de que a rendición do Xapón rematase a segunda guerra mundial. O proceso de repatriación comezou en setembro de 1945, e prolongouse ata maio de 1946.[11] O número total de repatriados a Corea dende Palau rexistrouse en máis de 3.000 persoas.[12] En total, en todas as illas, os rexistros dos Estados Unidos mostran 10.966 repatriados coreanos (6.880 civís, 3.751 militares e 190 soldados), mentres que os rexistros xaponeses mostran só 7.727.[13]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 MOFA 2013, p. 133 (Chapter 3)
- ↑ MOFA 2013, p. 110 (Chapter 2)
- ↑ MOFA 2013, p. 82 (Chapter 2)
- ↑ MOFA 2013, p. 81 (Chapter 2)
- ↑ MOFA 2013, p. 102 (Chapter 2)
- ↑ Peattie 1988, p. 220
- ↑ ‘아이고다리’의 전설을 아십니까 [Do you know the legend of 'Aigotari'?]. The Hankyoreh (en coreano). 2007-12-06. Consultado o 2008-02-25.
- ↑ Gim 2006, p. 9
- ↑ Mason et al. 1956, pp. 14–15
- ↑ "Koreans on Tinian Island, Grateful to U.S. For Liberation, Give $666 to War Effort". The New York Times. 1945-02-05. Consultado o 2009-05-12.
- ↑ Gim 2006, p. 17
- ↑ Gim 2006, p. 21
- ↑ "U.S. list of Korean laborers under Japan contradicts Tokyo’s figures: Compiled by U.S. fleet, papers document those returned to Korea". The Hankyoreh. 2006-08-12. Consultado o 2009-05-12.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Franklin, Rose Marie T. (1975). The United States' "guest workers": a case study of Korean temporary workers on Guam. Ph.D. thesis. Western Michigan University. OCLC 17756668.
- Mason, A.C.; Corwin, G.; Rogers, C.L.; Elmquist, P.O.; Vessel, A.J.; McCracken, R.J. (1956). "Introduction". Military Geology of Palau Islands, Caroline Islands. Tokyo: Intelligence Division, Office of the Engineer, U.S. Army Forces Far East.
- Peattie, Mark (1988). Nan'Yo: The Rise and Fall of the Japanese in Micronesia, 1885-1945. Pacific Islands Monograph Series. University of Hawaii Press. ISBN 0-8248-1480-0.
- Gim, Do-hyeong (2006). 중부태평양 팔라우 군도 한인의 강제동원과 귀환 [Forced Mobilisation and Repatriation of Koreans in the Palauan Archipelago] (PDF). Collected Papers 26. Seoul: Korea Research Foundation. Consultado o 2009-05-04.
- Petty, Bruce M., ed. (2001). Saipan: Oral Histories of the Pacific War. Jefferson, North Carolina: McFarland. ISBN 978-0-7864-0991-4.
- 재외동포현황 [Status of Compatriots Abroad]. Ministry of Foreign Affairs and Trade. 2013-09-30. Consultado o 2015-04-30.