Parque Natural Penyal d'Ifac

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Penyal d'Ifac
Imaxe do Parque Natural
Marco Legal
Figura de Protección: Parque natural
Ano de constitución: 1987
Superficie: 45 hectáreas
Lexislación:
Datos de interese
País: España España
Provincias: Alicante (provincia).svg Alacant
Concellos: Calp
Ríos:
Picos Penyal d’Ifac
Direccións de interese: Centro de Visitantes del Penyal d'Ifac. Rúa Illa de Formentera, s/n. Calp
Teléfonos: 96 583 75 96

O Parque Natural Penyal d'Ifac (parque natural rocha de Ifach en tradución directa ó galego) atópase na provincia de Alacant, concretamente na comarca de Marina Alta.

Características[editar | editar a fonte]

A rocha de Ifach é unha masa calcárea que se eleva sobre o mar 322 metros unida á terra firme por un pequeno istmo. Con 45 hectáreas protexidas trátase dun dos parques naturais europeos máis pequenos. Porén debido ás características climatolóxicas, biolóxicas e á natureza do chan, o espazo presenta unha gran singularidade botánica e zoolóxica.

A rocha e as súas inmediacións teñen sido testemuñas do paso de diferentes civilizacións: iberos, romanos e musulmáns. Dende o século XVI ata o século XIX a zona foi constantemente azoutada polos piratas berberiscos. A rocha foi propiedade do municipio de Calp ata o 1862, cando pasou a mans privadas ata que a finais do século XX pasou á propiedade da Generalitat Valenciana.

Flora[editar | editar a fonte]

Nas grandes paredes de rocha medran diversas especies rupícolas, especializadas en colonizar gretas, ocos e superficies verticais. Existen diversos endemismos, como a silene d’Ifac (case extinguida), o teucrio d’Ifac, a Scabiosa saxatilis ou a Hippocrepis valentina. Nas partes medias e altas medran matogueiras como as xenebreiros. Nas zonas máis baixas, moito máis humanizadas, obsérvanse restos de alfarrobeiras e amendoeiras.

Fauna[editar | editar a fonte]

Salientar as aves, téñense citado ata 60 especies, entre residentes, invernantes ou aquelas de paso. Son importantes as poboacións de corvo mariño cristado, de gaivota arxéntea, falcón da raíña, falcón peregrino ou cirrio pálido. Tamén existen poboacións de pequenos mamíferos, de cobra rateira e de lagarto arnal.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns Externas[editar | editar a fonte]