Copa do Rei Xuvenil de fútbol
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Nome oficial | Campeonato de España Juvenil–Copa de Su Majestad el Rey |
---|---|
Nome na lingua orixinal | (es) Copa del Rey Juvenil |
Tipo | torneo |
Deporte | fútbol |
Número de participantes | 16 |
Localización e Datas | |
País | España |
Vixencia | 1951 – |
A Copa da súa Maxestade o Rei de Fútbol de Xuvenís é o torneo equivalente á Copa do Rei de fútbol pero para os menores de 19 anos (sub-19). A competición é organizada pola Real Federación Española de Fútbol, sendo o FC Barcelona o gran dominador da competición con 18 títulos desde que na tempada 1950-1951 se disputase por primeira vez.
Sistema de competición
[editar | editar a fonte]Finalizada a liga de División de Honra, os 16 mellores clubs dela obteñen o acceso a disputar a Copa do Rei. Actualmente a máxima categoría xuvenil divídese en 7 grupos, polo que os equipos premiados son os campións e subcampións de cada grupo xunto cos dous mellores terceiros.
Os 16 participantes emparéllanse desde oitavos de final con eliminatorias directas a ida e volta, sendo a final a partido único en campo neutral.
Trofeo
[editar | editar a fonte]O trofeo que se entrega ao club campión deste torneo é o mesmo que o que se entrega na Copa do Rei a nivel profesional, pero de menor tamaño.
Historial de finais
[editar | editar a fonte]Copa do Rei de Xuvenís
[editar | editar a fonte]Copa do Xeneralísimo de Xuvenís
[editar | editar a fonte]Palmarés
[editar | editar a fonte]Equipo | Campión | Subcampión | Tempada |
FC Barcelona | 18 | 9 | 1951, 1959, 1973, 1974, 1975, 1976, 1977, 1980, 1986, 1987, 1989, 1994, 1996, 2000, 2002, 2005, 2006 e 2011 |
Real Madrid | 11 | 12 | 1953, 1954, 1968, 1969, 1971, 1978, 1981, 1982, 1985, 1988, 1991 e 1993 |
Athletic Club | 9 | 7 | 1963, 1964, 1965, 1966, 1967, 1970, 1984, 1992 e 2010 |
Sevilla FC | 5 | 3 | 1962, 1979, 1997, 2008 e 2009 |
Real Betis | 4 | 1 | 1983, 1990, 1998 e 1999 |
RCD Espanyol | 4 | 2 | 2001, 2003, 2004 e 2012 |
Atlético de Madrid | 3 | - | 1952, 1956 e 1958 |
Albacete Balompié | 2 | - | 1995 e 2007 |
Real Murcia | 1 | 4 | 1957 |
Real Sociedad | 1 | 2 | 1955 |
UD Las Palmas | 1 | 1 | 1972 |
Valencia CF | 1 | 1 | 1961 |
AD Plus Ultra[3] | 1 | - | 1954 |
Sevilla Atlético[4] | 1 | - | 1979 |
CD Firestone | 1 | - | 1960 |
Real Zaragoza | - | 4 | - |
RCD Mallorca | - | 3 | - |
Málaga CF | - | 1 | - |
Sporting de Gijón | - | 1 | - |
CA Osasuna | - | 1 | - |
Alavés | - | 1 | - |
Firestone | - | 1 | - |
CF Damm | - | 1 | - |
Triana Balompié[5] | - | 1 | - |
CE Júpiter | - | 1 | - |
Celta de Vigo | - | 1 | - |
Elizondo | - | 1 | - |
Alicante CF | - | 1 | - |
Chorri Erri | - | 1 | - |
SD Sueca | - | 1 | - |
- Os equipos filiais non son recoñecidos como un xuvenil, xa que poden albergar a xogadores de calquera idade, ata que xoguen na liga profesional.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Neste apartado indícanse os resultados dos partidos de desempate (cando se disputaban) ou as actuais quendas de penaltis ou calquera outro sistema de desempate.
- ↑ Tendo en conta que Franco morreu algo antes da metade da tempada 1975-1976, o nome da competición non se modificou ata a tempada seguinte (1976-1977), pasándose a chamar Copa do Rei desde esa tempada.
- ↑ Real Madrid Castilla (equipo filial do Real Madrid).
- ↑ Equipo filial do Sevilla FC.
- ↑ Equipo filial do Real Betis Balompié.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Guía Marca de la Liga, 2005, 2006, 2007 e 2008.