Conversa usuario:Vnovegil

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
  • Benvido á Galipedia, toda a axuda nova e moi apreciada pola comunidade da wikipedia galega. Podes establecer contacto cos outros usuarios nas diversas seccións da Taberna ou nas súas páxinas de discusión. Tes información sobre o funcionamento da wikipedia galega en Wikipedia:Axuda, Wikipedia:Política e normas e no Portal da comunidade. Os títulos dos artigos teñen que ser o máis preciso posible, para que sexa doado buscar a información, así o artigo que creaches Papeleira debería ser movido a outro título como Papeleira de Pontevedra ou quizais ENCE Pontevedra e deixar papeleira para un artigo xeral sobre as papeleiras, en fin calquera dúbida que teñas podes acudir á miña páxina de discusión, saúdos.--Rocastelo(fálame aquí) 20:04, 9 outubro 2005 (UTC)
  • Todos comezamos de cero, non te preocupes. Para asinar tes que premer no segundo cadrado pola dereita da caixa de edición, non se pode asinar nos artigos, pero hai que asinar nas páxinas de discusión para que sexa máis doado respostar. Para mover unha páxina tes que premer sobre a lapela que pon mover e seguir as instrucións. Tamén se pode redireccionar unha páxina escribindo: #redirect [[Pos aquí o nome do artigo ao que queres que se redireccione unha páxina]], saúdos.--Rocastelo(fálame aquí) 20:22, 9 outubro 2005 (UTC)
  • Ola, Vnovegil, benvido. Agardo que o pases ben no proxecto da Galipedia, á vez que aprendes. Unha aperta.--Xoán Carlos Fraga 21:10, 9 outubro 2005 (UTC)
  • As boas, espero que te sintas coma na túa casa. Na túa portada de usuario, eu, ademaís indicaria (mais ou menos) os proxectos que tes para este proxecto. Saudos--Xelo2004(Se non estás dacordo dimo) 21:17, 9 outubro 2005 (UTC)
  • Grazas a todos, de onte para hoxe xa me vou enterando de todo,,, jejeje de todo o que non me enteraba e supoño que cada día haberá cousas novas para ir aprendendo.......máis tarde fago a proba de vos enviar unha mensaxe... a cada un de vos.. --Vnovegil --mansdarea 07:24, 11 outubro 2005 (UTC)saudos
  • mandeiche un correo para che responder.--Rocastelo(fálame aquí) 16:36, 10 outubro 2005 (UTC)
  • Con certo retraso deixo o meu saúdo de benvida. Grazas por unirte a nós, este proxecto necesita da axuda de todos para sair adiante. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 09:47, 12 outubro 2005 (UTC)
  • Grazas pola túa mensaxe. Precisamente estaba redactando a resposta ao tema das categorías na Taberna cando me deixaches esta nova mensaxe. Reproduzo aquí o que puxen na taberna:
Hai moitas ramas de categorías que están sen desenvolver. Para iso temos establecido un proceso de proposta e debate que se realiza na páxina Wikipedia:Wikiproxecto Categorías. Para engadir unha rama ao debate, no apartado Categorías en proceso de debate engádese o seguinte texto [[Wikipedia talk:Wikiproxecto Categorías/nomedacategoría]] sustituíndo nomedacategoría pola categoría de que se trata, por exemplo: Matématicas. Logo segues o enlace creado e nesa páxina propós as categorías relacionadas. Podes ollar os exemplos das categorías aprobadas para ver o formato.
Deste xeito conseguimos unidade na creación de categorías e un sistema máis elaborado. Intenta facelo do xeito proposto e se necesitas axuda non dúbides en porte en contacto comigo. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 10:14, 12 outubro 2005 (UTC)

Categoria Estatística e outros[editar a fonte]

As categorías aprobadas é en uso na Galipedia poden verse en Wikipedia:Categorías, nas páxinas poden verse ás veces outras categorías que ou ben non foron aprobadas (e amósanse provisionalmente) ou ben están en vermello (quere dicir que non se crearon). Iso pode ocorrir porque a páxina sexa unha tradución doutra wikipedia e a persoa que a creou non comprobou que hai esa categoría na Galipedia, ou porque alguén creou a categoría sen seguir o proceso establecido. Algunhas categorías non é preciso aprobalas porque se aprobaron de xeito implícito no debate. Iso pasa por exemplo coa categoría Cidades de nome_do_país, se non hai a categoría dun país pode crearse inmediatamente. Axiña imos comezar cun Wikiproxecto chamado Proxecto5000 de revisión minuciosa da Galipedia no que se revisara entre outras cousas a clasificación. Con respecto a Estatística calquera proposta que fagas será benvida. Podes facer unha proposta sen preocuparte polas posibles categorías que haxa, posto que, non foi motivo de debate e polo tanto sería bo dispoñer dunha árbore de categorías ben estruturada.

Con respecto ao tema da difusión e colaboración, neso andamos e calquera proposta ou iniciativa que axude a que a Galipedia medre e mellore é unha boa nova, se é posible a colaboración dos estatísticos que dis sería un avance moi importante, adiante con elo. Grazas. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 14:50, 13 outubro 2005 (UTC)

Especialidades da estatística[editar a fonte]

Hola, mirei na wiki española e usan a palabra tipos, pero creo que é máis axeitado como o teñen na wiki inglesa, que falan de disciplinas especializadas, poderíase falar entón de disciplinas, non cres?

Para enviarme un correo podes pinchar no enlace da caixa de ferramentas que pon: enviar un correo-e a este usuario cando estes na miña páxina persoal.

Saudos --Wikitom 12:24, 14 outubro 2005 (UTC)

Correo[editar a fonte]

  • Compañeir@, estos dias atras respondinche a un correo teu, pero non sei se o chegaches a ler, polo que se acaso, volvoche a lembrar. Saudos. --Xelo2004(Se non estás dacordo, dimo) 20:53, 14 outubro 2005 (UTC)
  • Xusto, tal e como eu pensaba. Hai un dito antigo que di o seguinte: "Sabe máis o cociñeiro polo que cociña que polo que lle aprenden"; con isto quero decir que o que viches na wiki portuguesa no é do teu gusto, entón é mellor que crees un artigo novo (o de copiar no é nada bo, a nor ser que se queira ter unha base sobre a que espallarse); e é que no arte o ioga, que o escribiu debeu de non ter claro cal era a postura da flor de loto e confundiuna coa masaxe a tes mans (e iso que hai moita diferencia, je je je). Por outras, se tes visto algun dos artigos que eu fago e que teñen ligazons a outras wiki's, non é porque eu as copie delas (cada quen fará como mellor poida para procurar que este proxecto aumente), senón que busco o contrario, eu no procuro copiar, pero prefiro que me copien (haber se se dan contar do que é o meu ben falado "toque a galega"). Un saudo, levao amodiño, e cando te descoides terás un bo artigo digno da envexa das outras wiki's. --Xelo2004(Se non estás dacordo, dimo) 21:33, 14 outubro 2005 (UTC)

Máis sobre Estatística[editar a fonte]

Esperarei uns días por se queres engadir algo antes de que comece o debate da categoría Estatística, e despois pasarei a proposta de Wikitom a Wikipedia talk:Wikiproxecto Categorías/Estatística, a non ser que prefirades que comecemos o debate xa. Grazas polas colaboracións que estás a facer. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 17:31, 15 outubro 2005 (UTC)

Vaia, despois de tantos anos volvémonos ver, porque un estatístico Novegil, que escriba de ENCE e sexa V. non pode haber moitos. Son do 2º curso (de Marcos Polo e Peteiro, Jonatán e Dani Castelo, despois do de Magariños e Inma) e agora estou en Santiago. Estiven con Eugenia en marzo e con Karen JDB hai pouco. Saúdos a Piluca, Pío e Adolfo. Xa falaremos se volves pasar por aquí. --Sobreira (parlez) 14:20, 19 xullo 2006 (UTC)

Ola Vnovegil, en primeiro lugar queremos agradecerche as túas colaboracións na Galipedia, son moi importantes para o bo funcionamento do proxecto galego. Esta mensaxe é para dar conta de certas novidades no wiki. Co constante crecemento da Galipedia fíxose necesario crear un sistema para difundir o que sucede no wiki, de centralizar os debates, unificar criterios e manter un seguimento da actualidade do proxecto. Por todo iso nace o Xornal da Galipedia. Co Xornal pretendense mellorar a coordinación entre todos os colaboradores e a calidade deste wiki. Esta é a primeira edición do xornal e do modelo de suscripción {{Xornal}}. Incluíndo o modelo na páxina de usuario actualízase automaticamente con cada nova edición do Xornal. Calquera colaboración ou suxerencia que queira aportar pode incluíla na páxina de discusión. Confiamos en que este novo instrumento sexa útil para os colaboradores da Galipedia, por iso as opinións dos usuarios son moi váliosas para conseguilo. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 23:23, 15 setembro 2006 (UTC)

20.000 artigos[editar a fonte]

Ola Vnovegil. A Galipedia acadou a cifra de 20.000 artigos.

Por mor de teres colaborado connosco, e porque calquera contribución é importante e insubstituíble inda que sexa un feito puntual, ademais de agradecerche o teu labor, invitámoste aos diferentes espazos que na Galipedia celebran a consecución dos 20.000 artigos:

Agradeceriamos que te unises a esta celebración expresando a túa opinión en Wikipedia talk:20.000 artigos. Sabemos que isto non sempre será posible, pois moitos dos usuarios editores da Galipedia non han conectar estes días e, quizais algúns non cheguen a ver esta mensaxe nunca, porque o seu paso pola Galipedia foi fai moito tempo. Así e todo, non queriamos deixar de agradecérllelo.

Grazas de novo por ser un máis entre nós. Lmbuga Commons -- Galipedia e --Prevert(talk) 00:40, 6 decembro 2006 (UTC)