Conversa usuario:Usuario19993

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dámosche a benvida á Galipedia, Usuario19993!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto das persoas que editamos na Galipedia na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe doutra persoa tes que facelo na súa páxina de conversa, se non, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outra persoa. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --Chairego apc (conversa) 1 de febreiro de 2022 ás 19:54 (UTC)[responder]

Biografía publicada[editar a fonte]

Ola! Grazas polo teu traballo en Lucila Pautrat. Vexo a túa última edición ( esta) na que indicas que queres que se publique. Ben, no paso de publicar a tradución, non marcaras a opción borrador, polo que a túa biografía sempre estivo publicada no espazo principal, por iso o título correspóndese co nome da biografiada. De ter sido publicada como borrador o título da páxina iría precedido de: Usuario:Usuario19993, que indicaría que non estaría no espazo principal da Galipedia, senón na túa páxina de traballo persoal. Penso que tamén o indicaches o teu desexo de ser publicada no listado do proxecto pedagóxico, pero daquela estaba indicado alí mesmo que xa estaba publicada no espazo principal.

Por todo isto, vou retirar o último texto que engadiches na biografía, porque no teu caso non hai nada que "publicar" ao non haber que mover a páxina . Esta opción de comunicar o desexo de mover a páxina ao inicio da biografía deuse polas dificultades que algunhas persoas estaban a ter á hora de mover a subpáxina de usuario/a. Estas persoas seguiron os pasos ( "publicar a tradución como borrador") recollidos na sesión presencial, a presentación colgada no campus virtual e na páxina do proxecto pedagóxico.

Deixarei o marcador en uso ata o día 21, por se desexas facer cambios. A partir do día 21 retirareino e calquera persoa con conta ou sen ela que queira editar esta biografía poderá facelo, como sucede con calquera páxina da wikipedia, agás as subpáxinas de usuario, que están pensadas como un espazo persoal de traballo non permanente segundo as normas da comunidade.

Grazas de novo por animarte a colaborar coa Galipedia, e en concreto co wikiproxecto mulleres, sumando unha biografía máis para combater a fenda de contidos. Na ligazón do proxecto tes máis información e suxestións para seguir colaborando na creación de biografías de mulleres na Galipedia. FormacionWiki (conversa) 11 de marzo de 2022 ás 20:36 (UTC)[responder]