Conversa usuario:Teutixón

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dámosche a benvida á Galipedia, Teutixón!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface, como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto das persoas que editamos na Galipedia na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outra persoa. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. Xas (conversa) 2 de xuño de 2023 ás 19:46 (UTC)[responder]

Celso Collazo Álvarez[editar a fonte]

Ola Teutixón. O artigo sobre Celso Collazo Álvarez fíxeno eu. E sobre o que me preguntas da fonte para afirmar que foi militante do Partido Galeguista, creo lembrar que foi a partir do artigo do seu fillo Celso Collazo Lema, no que usei como referencia o artigo de Manuel Bragado Celso Collazo, xornalista. Un saúdo, Xas (conversa) 2 de xuño de 2023 ás 19:44 (UTC)[responder]

Xas: non nos consta documentalmente que Celso Collazo Álvarez fose militante do Partido Galeguista (PG), aínda que podería selo. Si nos consta que fixo campaña a favor do Estatuto de Autonomía de Galicia en 1936, mesmo na prensa escrita, sobre todo no semanario agrarista El Tea en artigos publicados o 04.06.1936 ("En pro de la autonomía") e o 24.06.1936 ("Camino de la autonomía").
Carlos Reigosa, que entrevistou ao seu fillo Celso Collazo Lema (La Voz de Galicia do 20.10.2012), non asegura en ningún momento que fose militante do PG. Pola súa parte Manuel Bragado (Faro de Vigo do 15.07.2014) asegura que Collazo Álvarez era colaborador de Castelao e que o seu fillo Collazo Lema era de "familia galeguista" pero, insisto, non consta a militancia nun partido moi minoritario -mesmo elitista- na época.
Por favor, corrixe o texto da Wikipedia tomando como base documental as fontes que che indico. En canto X. Ramón Paz Antón e eu publiquemos o artigo sobre Collazo Álvarez, o único funcionario do Concello de Mondariz asasinado en 1936, facilítocho para que obteñas del a información que consideres.
Un saudiño
Alberte Reboreda Carreira Teutixón (conversa) 3 de xuño de 2023 ás 07:37 (UTC)[responder]
Corrixido. Grazas. Xas (conversa) 4 de xuño de 2023 ás 09:48 (UTC)[responder]