Conversa usuario:Spacorum

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Benvido/a á Galipedia, sempre apreciamos a chegada de novos colaboradores á wikipedia galega que nos axuden a ampliar e mellorar este wiki. Este proxecto ademais da Galipedia inclúe Wikisource para textos orixinais, o Galizionario para entradas de dicionario, Galicitas para citas textuais e Galilibros para a publicación de libros. Podes establecer contacto cos outros usuarios nas diversas seccións da Taberna ou nas súas páxinas de discusión. Tes información sobre o funcionamento da wikipedia en galego en Wikipedia:Axuda, Wikipedia:Política e normas e no Portal da comunidade. Para calquera cousa que nós necesites aí nos tes.--Rocastelo(fálame aquí) 10:56, 19 febreiro 2006 (UTC)


Á imaxe Image:Estreleira.PNG está marcada para, se non hai cambios, nun futuro se borrar da Galipedia. Explícoche a causa. Hai dúas cousas que deben constar en tódalas imaxes: o copyright ou licenza e a orixe ou indicación do lugar do cal se tirou a imaxe. PAra máis detalle convén que leas Wikipedia:Política de uso de imaxes. Sería unha mágoa tela que borrar por lle faltar eses datos, pois o artigo Estreleira, que é moi interesante, quedaría coxo, así que che rogo que llos incorpores. Se tes dificultade para facelo, non dubides en contactar comigo, eu axudarei. Podes contactar comigo (dígoo por se non o fixeches nunca) facendo click na palabra Galipedia da miña sinatura, editando a páxina que che aparece e escribindo ó final. Un cordial saúdo. --Lmbuga Commons - Galipedia 22:39, 15 xuño 2006 (UTC)

  • A imaxe foi substituída por unha que hai en Commons, a que vostede cargou en Commons probablemente sexa borrada nun curto período de tempo posto que é unha imaxe duplicada. Saúdos. --Moderador 15:26, 26 xuño 2006 (UTC)
  • Por favor, non nós faga traballar de máis. En Commons se unha imaxe está repetida bórrase. Hai unha versión máis antiga que a que cargou vostede hoxe 26 de xuño e vai ser moi difícil que permaneza. Cal é o seu interese por trocar unha imaxe por outra? --Moderador 15:53, 26 xuño 2006 (UTC)
  • Non teño ningún problema para que a túa imaxe sexa a que apareza no artigo, pero para o mesmo tes que indicar de onde a tiraches e que licenza ten. A que subiches carece deses datos polo que ten que ser marcada como sen licenza. Poderá ser borrada logo de pasados sete días (sete días tes para engadir ditos datos).

Se me indicas de onde tiraches a bandeira, pódoche axudar a engadir os datos. Estou á túa disposición. Un cordial saúdo. --Lmbuga Commons - Galipedia 20:26, 26 xuño 2006 (UTC)

  • Confundinme de imaxe na mensaxe anterior, de aí que tachase a anterior mensaxe. Como che dicía, non teño inconveniente en primar a túa imaxe (xa vin que tiña os datos) e retirar, mesmo borrar a miña. Iso é polo que a min respecta. Agora ben, Normalmente, a imaxe que queda é a de maior calidade e, se é un debuxo, a svg (non a png). Así a todo, A estrela da túa imaxe está mellor montada cá da miña, polo que eu estaría de acordo en quedar coa túa.

Outra cousa diferente é o xeito que tiveches de proceder, sen dialogar ata o momento. A galipedia non é o oeste americano. Se falas, as cousas son posibles; se usas a forza, seguirás mal camiño.

Por outra banda, así a todo, paréceme desmedido o teu interese por dita bandeira. Mañá verei o que facer. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 20:49, 26 xuño 2006 (UTC)

O motivo do borrado desta imaxe é un conxunto de circunstancias: 2ª vez que é borrada. Sen licenza. Innecesaria: Image:Estreleira bandeira.svg. Inferior calidade.--Lmbuga Commons - Galipedia 11:57, 26 novembro 2006 (UTC)

  • Ola de novo. Dis que subiches a imaxe con licenza, fun ver os datos da imaxe (aínda borrada pódoos ver) e non hai licenza (pode haber unha explicación, máis adiante cha comento). Primeiro comentarche que, ademais de licenza, a imaxe, para non ser borrada, ten que presentar unha orixe expresa (ligazón a unha páxina web, autoría propia:eu son o autor,... algo así).

O que puido ocorrer: Nunca o comprobei cunha imaxe borrada, pero, en Commons, se sobes unha imaxe co mesmo nome ca outra, cámbiache a imaxe, pero non incorpora os novos datos que escribes, mantén os vellos, os da imaxe vella. Para varia-los datos, tes que editar a imaxe e poñer outros. Quizais iso pase tamén cunha imaxe borrada.

O caso é que non podo entender a causa pola que insistes en duplicar unha imaxe que xa temos. Supoño que haberá algún motivo. Porque insistes? Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 17:40, 27 novembro 2006 (UTC)