Conversa usuario:Sotogrande

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Grazas por subir esta imaxe. Por falta de datos obrigados, que probablemente non puxeches por descoñecemento, a foto que subiches podería ser borrada.

Indicaches unha licenza. A licenza expresa que ti fixeches a foto, pero é necesario que, se é así, o especifiques escribindo "eu son o autor (self made)" nos datos da imaxe. O motivo é que moitos usuarios poñen unha licenza ó azar, polo que se esixe explicitar a orixe da imaxe.

En caso de que a imaxe non sexa túa, coloca un enlace ó lugar do cal a copiaches ou indica onde aparece para poder comprobar que a licenza que colocas é adecuada. As políticas da Galipedia están pensadas para que este proxecto e o das wikipedias perdure e non sexa atacado por poderes ós que non lles interesa que a cultura sexa libre. Se non procurásemos ser estritos cos dereitos de autor, correriámo-lo risco de que o proxecto cambaleásese e/ou desaparecese.

Para editar a imaxe e engadir os datos requiridos podes ler Como engadir datos ás imaxes. Se tes algunha dificultade, non dubides en mo comunicar (Como contactar con outros usuarios) pois estarei encantado en te axudar.

A orixe ou source consiste en aclarar de onde sae a imaxe, preferentemente mediante un enlace ou unha cita. É obvio que isto non é aplicable a aquel material que se publique por primeira vez na Galipedia polo seu autor, sendo este quen cargue as imaxes aquí. Pero débese indicar expresamente. Tes máis información en Wikipedia:Política de uso de imaxes

O mesmo problema ocorre con Image:Sabuguido111106.JPG e Image:7.Soutogrande.jpg. En canto a Image:Sabuguido111106.jpg falta orixe e licenza. A continuación ten a información sobre como engadir a información ás imaxes.

Caixa de información para imaxes[editar a fonte]

Todas as imaxes subidas á Galipedia deben expresar a información específica suficiente para que as imaxes poidan ser empregadas nos artigos e as licenzas das imaxes poidan ser comprobadas.

Esa información débese incorporar copiando e cumprimentando debidamente os datos expostos a continuación (substitúase o que está en cor verde):


{{Information|
|Description= Comentario sobre o motivo da foto que facilite o seu emprego na Galipedia
|Source= ligazón ou cita á fonte de onde se pillou a imaxe. Se a imaxe é de autoría propia debe expresarse
|Date= engade a data
|Author= http://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=User:nome do usuario que realizou a imaxe
|Permission= Características da licenza (Dominio público, GFDL, compartir igual,...)
|other_versions= (variable opcional, pode omitirse)
}}
Indíquese a {{Licenza}} entre dobres parénteses


Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 15:43, 8 xaneiro 2007 (UTC)

Imaxes borradas[editar a fonte]

As imaxes Sabuguido111106.jpg, Sabuguido111106.JPG, Sabuguido.jpg, 7.Soutogrande.jpg foron borradas por carecer de orixe e/ou licenza. Para máis información Wikipedia:Política de uso de imaxes. Se desexas que as recupere, ponte en contacto comigo. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 19:09, 20 xaneiro 2008 (UTC)