Conversa usuario:Sock puppet

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Benvido/a á Galipedia, sempre apreciamos a chegada de novos colaboradores á wikipedia galega que nos axuden a ampliar e mellorar este wiki. Este proxecto ademais da Galipedia inclúe Wikisource para textos orixinais, o Galizionario para entradas de dicionario, Galicitas para citas textuais e Galilibros para a publicación de libros. Podes establecer contacto cos outros usuarios nas diversas seccións da Taberna ou nas súas páxinas de discusión. Tes información sobre o funcionamento da wikipedia en galego en Wikipedia:Axuda, Wikipedia:Política e normas e no Portal da comunidade. Para calquera cousa que nós necesites aí nos tes.--Rocastelo(fálame aquí) 10:58, 19 febreiro 2006 (UTC)

  • Gustoume o que engadiches. É a primeira vez que me encontro con eses razoamentos. Vouno ler de novo con atención, pois creo que podo aproveitar o que pon e o que me suxire para dar clases máis levadeiras. Todo o que é relacionar a lingua e a vida agradéceno moito os alumnos.
  • Creo que si está máis claro . Se encontro unha lingua romance cun só xénero, xa che direi--Lmbuga 21:06, 9 marzo 2006 (UTC)
  • (Trasladei á páxina de discusión os meus comentarios anteriores. Perdoa, pero confundinme e púxenos na túa páxina de usuario). Envíoche o meu correo: (ß=arroba) lmbugaßyahoo.es.
Se algunha vez necesitas exercicios de galego ou remitir a alguén a exercicios con solucións para practicar, bótalle unha ollada a Curso de lingua galega en Wikibooks. Na portada de Wikibooks hai máis accesos a material sobre o galego.--Lmbuga 21:24, 10 marzo 2006 (UTC)

Ola de novo. Desta vez vouche comentar un problema, referido á imaxe Image:300px-Ipa-chart-vogalenn.png. A imaxe é interesante e conviría tela, posto que creo que non está presente como tal en Commons (véxase Commons:General phonetics#Vowels); pero para que unha imaxe non sexa borrada da Galipedia tes que engadir necesariamente 2 datos: O copyright ou licenza, e a orixe de onde tiraches a foto. Gustaríame que os engadises para así evitar o seu posible futuro borrado. Podes ler para te aclarares mellor Wikipedia:Política de uso de imaxes. En caso de que teñas dificultades, non dubides en poñerte en contacto comigo. Un cordial saúdo. --Lmbuga Commons - Galipedia 22:28, 15 xuño 2006 (UTC)