Conversa usuario:Refoxeiro

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Ola, Refoxeiro. Benvido á Galipedia. Boa estadía e bo traballo. Soamente unha cousiña: como che di Pepedocouto no marcador do artigo Valentín Alfonsín Somoza, a Galipedia non é unha bóla coa que facer agoiros. Procura aplicarte máis cos artigos que vaias creando. En calquera caso, graciñas por colaborares e dálle duro á Galipedia. Un saúdo e aquí me tes para o que queiras.--Atobar (conversa comigo) 19:43, 16 abril 2009 (UTC)

Refoxeiro, xa existe Dodro. Non lle fagas outro artigo. Arranxa e mellora o existente en todo caso. Aburiño.--Atobar (conversa comigo) 15:53, 17 abril 2009 (UTC)

Uso da Galipedia[editar a fonte]

Se continúas coa teima de empregar a Galipedia para facer agoiros, vaiche caer un bloqueo dos administradores. Por favor, non fagas máis desfeitas. Un saúdo.--Atobar (conversa comigo) 19:45, 17 abril 2009 (UTC)

==Se queres salientar datos sobre Dodro e podes facelo con referencias, daquela ningún problema. Pero, por favor, non crees novos artigos co gallo de inserir unha frasiña en referencia a Dodro ao final. Colabora, pero faino con sentidiño.--Atobar (conversa comigo) 21:16, 17 abril 2009 (UTC)

Refoxeiro, ou paras de crear artigos con esa dinámica ou aviso a un administrador para o bloqueo. --Atobar (conversa comigo) 21:39, 17 abril 2009 (UTC)

Logo de repetidas advertencias, explicadas pacientemente por Atobar, e de reversións das túas edicións, explicando as razóns, segues na túa teima. Paréceme marabilloso que esteas enamorado de Dodro e de tódolos persoeiros dese concello, pero este non é sitio para iso, nin moito menos para enlazar co teu blog. Sinto ter que adoptar esta medida e espero que nesta semana de repouso visites a Galipedia e vexas como traballamos. Pedro --Lameiro (conversa) 22:36, 17 abril 2009 (UTC)