Saltar ao contido

Conversa usuario:RaulManuel

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Ola, benvido á Galipedia, antes de editar tes que ter en conta algunhas cousas, non podes eliminar o texto dun artigo para meterlle outro que fala dun aspecto só, pensa se o que queres é crear un artigo novo ou engadirlle contido ao artigo xa existente. Desde logo nunca podes eliminar parte do contido sen xustificalo antes.--RNC 14:43, 29 marzo 2009 (UTC)Benvida

  • Benvido á Galipedia, Raúl Manuel. Unha cousiña: vexo que estás a reformar o artigo de Renacemento. Ten en conta que a wikipedia conta cun formato definido, é dicir, existen unhas pautas e un libro de estilo. Tes que seguilo. Non podes cambiar o artigo porque si, e polo ao teu antollo. Procura arranxar o que xa existe e se consideres que o que ti tes que dicir está mellor referenciado e ten información máis completa, daquela escríbeo, pero seguindo co estilo de todos os artigos da Wikipedia. Ademais, tes que ter en conta as ligazóns internas, as interwikis, cursivas, artigos relacionados, ligazósn externas. Bueno, todo é bastante sinxelo a dicir verdade. Xa o verás. Para o que me necesites, aquí me tes. Un consello: proba a mirar outros artigos, ver como están editados. Así vas aprendendo. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 14:48, 29 marzo 2009 (UTC)
Raúl Manuel, cómpre que sigas o que che dixemos tando RNC coma min. Bótalle un ollo ao libro de estilo e a outros artigos similares. Ponte na lapela de editar e verás que hai corchetes e outros caralladas para presentar mellor o artigo. Cómpre que o fagas antes de seguires creando artigos. E non tes que asinar ao final do artigo. Soamente nas páxinas de conversa. Un saúdo.--Atobar (conversa comigo) 15:06, 29 marzo 2009 (UTC)

Comezar unha conversa con RaulManuel

Comezar unha conversa