Conversa usuario:Meniño

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido(a) á Galipedia, Meniño!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo.

Imaxes procedentes de Flickr[editar a fonte]

Grazas por subires imaxes de Flickr.

Agradeceríamosche que cando as subas engadas na descrición, cos datos debidamente cumprimentados, a seguinte caixa de datos:

{{flickr|
|Description=Título da foto en Flickr e outros datos
|Source= Enlace á páxina en que está a fotoen Flickr
|Author= Nome ou alcume do fotógrafo e ligazón á páxina que contén o seu perfil.
|Permission= Ligazón á páxina en que consta o permiso (por exemplo: http://creativecommons.org/licenses/by/2.0/deed.es )
|Date= Data de subida da imaxe a Flickr
}}
{{FlickPendente}}
{{cc-by-sa-2.0}}

A licenza pode ser tamén {{cc-by-2.0}} (en vez de {{cc-by-sa-2.0}}). As imaxes procedentes de Flickr con outra licenza diferente a estas non se poden subir á Galipedia

Nesta páxina de Flickr telas fotos con licenza Creative Commons de Flikr clasificadas en 6 grupos. Só se poden subir imaxes do 1º e do 6º. Se fas click no enlace que hai en cada grupo que pon See more podes facer buscas dentro do grupo.


Grazas por colaborares. Non dubides en contactar comigo se tes algunha dificultade (Como contactar con outros usuarios?). Un cordial saúdo [Esta mensaxe escribiuna 83.59.110.30 ás 23:08, 23 febreiro 2009, pero esqueceu asinar.]

Traducións automáticas[editar a fonte]

Boas, Meniño. Prégoche que revises con coidado o resultado das traducións automáticas. Serven de axuda pero ó final é imprescindible unha comprobación persoal e detida. No artigo arxila, dás como fórmula Ó2Ou3 · 2SeOu2 · H2Ou.

A razón non é outra que o tradutor automático converte Al (aluminio) en Ó, O (osíxeno) en Ou e Si (silicio) en Se.

  • [aluminio|Ó]2[osíxeno|Ou]3 · 2[silicio|Se][osíxeno|Ou]2 · [Hidróxeno|H]2[osíxeno|Ou]

O exemplo é tan expresivo que creo que non fan falta máis explicacións. Un saúdo, Pedro --Lameiro (conversa) 22:55, 24 febreiro 2009 (UTC)