Conversa usuario:Mateo segade

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dámosche a benvida á Galipedia, Mateo segade!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto das persoas que editamos na Galipedia na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe doutra persoa tes que facelo na súa páxina de conversa, se non, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outra persoa. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo..--FormacionWiki (conversa) 21 de febreiro de 2022 ás 18:51 (UTC)[responder]

Maria Martelo[editar a fonte]

Ola, grazas por avisar polo erro ao publicar no espazo principal. Vexo que xa lle puxeches en uso, polo que podes seguir traballando en María Martelo, que non virán outras persoas a editalo (agás eu, se vexo que hai problemas avanzados que solucionar). Vou poñer unha mensaxe para que se borre entón a túa subpáxina de usuario Usuario:Mateo segade/María Martelo porque vexo que tes a categorías mellor postas en María Martelo. Grazas e a seguir!.--FormacionWiki (conversa) 21 de febreiro de 2022 ás 18:51 (UTC)[responder]

Ola de novo, estiven revisando a sinatura usada pola biografiada nas publicacións e movín a páxina a María Teresa Martelo. Un saúdoFormacionWiki (conversa) 9 de marzo de 2022 ás 20:58 (UTC)[responder]
Boas,
penso que os cambios pedidos polo curso están realizados ata onde a galipedia mo permite, posto que hay ligazóns que non teñen páxinas existentes actualmente. Por outro lado, na corrección levada a cabo polo compañeiro encargado de correxirme, menciona que estaría ben añadir un apartado de premios ou recoñecementos , pero o problema e que na páxina orixinal da que trato de facer a traducción carece deste apartado. Moitas gracias e un saaúdo. Mateo segade (conversa) 15 de marzo de 2022 ás 09:39 (UTC)[responder]