Conversa usuario:Lucabouzon

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dámosche a benvida á Galipedia, Lucabouzon!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto das persoas que editamos na Galipedia na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe doutra persoa tes que facelo na súa páxina de conversa, se non, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outra persoa. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --RubenWGA (conversa) 23 de xullo de 2021 ás 19:39 (UTC)[responder]

Posible conflito de intereses[editar a fonte]

Ola Lucabouzon. Por favor, ten en consideración o expresado en Wikipedia:Conflito de intereses .

Grazas, un saúdo.--. HombreDHojalata.conversa 24 de marzo de 2022 ás 22:20 (UTC)[responder]

Modelos e datos[editar a fonte]

Ola Luca.

Estas alterando uns modelos que empregan centos de páxinas para engadir tres datos (22 anos, 1,81m, canteria) dun xogador de balonmán dun equipo de terceira categoría (que segundo o teu nome de usuario es ti mesmo).

O resultado, en tódalas páxinas que empregan eses modelos, é peor do que había antes. Por favor non o volvas facer.

Para poñer eses datos é mellor que, simplemente, os metas nunha nota ao pé, así:

Lucas Bouzón Veiga <ref>22 anos, 1,81 m, Canteria.</ref>

que dá como resultado:

Lucas Bouzón Veiga [1]

  1. 22 anos, 1,81 m, Canteria.

Graciñas, un saúdo e a seguir. --. HombreDHojalata.conversa 24 de marzo de 2022 ás 22:25 (UTC)[responder]