Conversa usuario:Lmbuga/discusións 5

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Grazas por todo[editar a fonte]

Grazas por todo. Fuches o meu Cicerone neste proxecto e a túa xenerosidade co traballo foi un dos alicentes para que quedara nel. Grazas pola túa paciencia e sorte con todo. Lansbricae (Ti dirás) 21:02, 30 agosto 2007 (UTC)

  • Ola pasei só un segundo pola wikipedia e non teño moito tempo só dicir que esas imaxes tiñan un status peculiar eran licenzas GFDL pero a licenza estaba dada de palabra, cando para pedir a licenza a unha terceira persoa hai unha norma que se debe seguir que inclúe o envío dun modelo específico, polo tanto a licenza estaba incorrectamente marcada e dado que a persoa que cargou a imaxe afirmou que o autor retirara o permiso considérase unha imaxe con copyright, se o permiso estivera posto seguindo as normas, por escrito, non a podería borrar. Lamento terriblemente todo o que está a pasar estes días e que ningún ben trae a este wiki.--Miñato 09:22, 31 agosto 2007 (UTC)
  • Por favor, pídoche encarecidamente que non te apartes das normas do wiki e manteñas a cordura, non utilices frases inapropiadas que tan só serven para quentar os ánimos, sei que estes días isto debeu ser duro pero iso non é óbice para que nos deixemos arrastrar pola corrente.--Miñato 09:31, 31 agosto 2007 (UTC)

Grazas. Creo que co mero feito de recoñecer terse trabucado é suficiente. O bloqueo de dúas ou 1 minuto ou meses dun administrador non é nada beneficioso para o proxecto, coa agravante de que nunha wiki pequena como esta o labor dos administradores e máis importante. O recoñecemento dun erro fortalece o proxecto. A libertade de expresión respetando as boas normas de conduta tamén o fortalecen e non e que queira cuestionar todas as actuacións dos administradores, pero esta segue a ser consecuencia da lea iniciada no artigo de 1 de xaneiro polo que me vin obrigado a pedir unha actuación consecuente por parte de User:Miñato.

Aínda que os meus actos poidan semellar contrarios ao ben do proxecto espero poder explicarme o máis claro e respetuoso posible na miña páxina de usuario. E parabéns polo esforzo que estás agora mesmo a facer polo proxecto. Espero que esto non afecte a túa vida privada como si afectou a outros como eu ou Prevert (como el dixo). Lansbricae (Ti dirás) 11:12, 31 agosto 2007 (UTC)

resposta ao cordial saudo[editar a fonte]

Ola lmbuga, grazas pola tua aproximacion construtiva. Como fas moitas preguntas, para non me extender moito respostoche somente cunha pincelada a cada cuestion, se queres discutir algo en mais profundidade, dimo. Ademais vou tratar de poñer algunha proposta na miña paxina, pra que non se diga que somente fago criticas destrutivas So dicirche que respeto o teu labor (e apoioo, sempre que se respete o meu labor, non pido apoio).. Copio as tuas preguntas e poño as respostas:

  • Non quero manifestarche que non estou de acordo co da endogamia, que non o estou, o preocupante para min é que os usuarios perciban tal cousa, ¿por que? ¿que facemos mal e, sobre todo, que propós, de que maneira podemos facelo ben?
    • pois non sei .. somente podo darche as miñas a percepcions subxectivas:
      • aparenta haber falta co-participacion, unha distincion marcada entre administradores (+amigos) e "usuarios comuns". Hai unha terceira casta, das IPs anonimas que moitas veces son prexulgadas como vandálicas.
      • ao coñecer via Lansbricae da existencia desas oscuras reunions via IRC ,dese "Sanedrin", que toman decisions sobre a galipedia. Isto deume a impresion non de que o sanedrin é "inconscientemente endogámico" senon conscientemente endogamico, conscientemente polo menos por parte dun que procura o poder absoluto tratando de se rodear dunha cohorte de incondicionais. De novo, insisto, falo de impresions, nada mais. Poderia citar mais impresions pero mellor parar.
  • ¿En que consiste dirixir e liderar? (Evito sentirme insultado, <...>
    • Primeiramente, dicir a miña intencion non era insultar: criticar unha actuacion como mediocre, nun tema en concreto, non da gusto ouvilo pero non é insulto. Todas as accions son criticables e mellorables, non pasa nada. Se te sentiches insultado, pídoche perdón.
    • ¿en que consiste liderar? ufff abondan libros ao respecto, así que o que diga será unha burda simplificacion, pero intentareino: 1) ter clara a mision (obxectivo fundamental) do proxecto, definida pola comunidade 2) compartir esa mision coa comunidade, definindo e convencendo da forma de desenvolver esa mision. Para acadar 2) fai falla moita empatia, escoitar (3 veces mais que falar). De feito, a falta de empatia (non escoitar, non porse no lugar do outro) foi un dos grandes fallos dos administradores, na miña opinion, nesta liorta.
  • Dáste conta de que os administradores traballan gratuitamente coma ti?
    • Recoñezo o labor importantisimo levado a cabo. En canto a "gratuitamente" .. Sí e non: o posto de "administrador" comporta un salario emocional, a uns resultalles moi baixo, a outros reconfortaos enormemente.
  • Cres que eu penso pasar á historia polo quefacer <...>?
    • esta pregunta entendo que é retórica. So dicirche que recoñezo e respeto o teu labor.
  • Que sentido ten destruír nun ámbito que debe estar feito para colaborar? Que pretendes?. Un cordial saúdo --Lmbuga 23:39, 30 agosto 2007 (UTC)
    • Esta acusacion final non a entendo , pensei que tentabas coñecer antes de xulgar. Se coidas que o meu obxectivo é destruír entón simplemente tragaches a version de Prevert & company, e parece como se as preguntas que me fas fosen pantomima de cara a galeria (se o interpreto mal, pregoche que me perdoes) . Podería expoñer a miña version dos feitos, bastante distinta .. pero non vin a galipedia para iso.
    • Por outro lado, se me cres o culpable do incendio, sobreestimas a miña actuacion: por disgraza a gasolina xa estaba aquí e as chispas non so saltaron de min.
    • non pretendo destruír nada, e estou afectado pola situacion actual, pero si coido que se debe acabar con ese estilo endogamico de direccion do proxecto (á sombra dun escuro chat) tan nocivo para o proxecto e para os seus partícipes, debese acabar con esa "forza centrifuga" salpimentada coa prepotencia de certo "Sumo Sacerdote". Pero non pretendo facelo eu, seria estupidamente prepotente se o pensara, conformeime con expñer a situacion. Sí considero que usei metodos fortes, pero sempre honestos, coa verdade por diante, sen intencions espureas. En canto a vandalismo, eu diria que non sei quen pode tirar a primeira pedra, todos temos moito que "rañar".
    • Saúdos e, sinceramente, grazas por tratares de escoitar a todas as partes. O de "un cordial saúdo" que me dis admito que non me gosta, pois recórdame estilos do pasado que espero non se retomen por estes lares... pero é unha cuestion de gustos meus. --Maañón 23:25, 31 agosto 2007 (UTC)

    • A falta de propostas construtivas xa a suplin na miña paxina de usuario. Grazas--Maañón 08:27, 1 setembro 2007 (UTC)

Dando explicacións[editar a fonte]

Ola, espero non faltarche ao respeto, pero prefiro explicar todo o sucedido públicamente, xa que non creo faga que o proxecto se desmorono, é forte ainda que estes días pareza feble. Espero o entendas. Grazas Lansbricae (Ti dirás) 14:35, 1 setembro 2007 (UTC)

Só unha cousa máis, tentarei ser o máis construtivo posible ao tempo que respetuoso; a penúltima maldade, Quén coñecido era a ip bloqueada por Miñato e que no canto de ameazarte mandouche unha sorpresiña como prometeu?

Resposta——>
En #User talk:Lmbuga#Administración tes a miña resposta. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 19:40, 1 setembro 2007 (UTC)

Administración[editar a fonte]

Penso que tras os sucesos dos días pasados que afectaron gravemente á Galipedia e á credibilidade dos administradores e supuxeron que moitos editores perderan o ánimo para contribuír, como considero que os administradores deste proxecto precisan exercer o seu labor co respaldo da comunidade penso que todos debemos renunciar o noso status e que sexa a comunidade a que elixa os administradores que considere convenientes. Manteriamos provisoriamente o noso status para loitar contra o vandalismo. Dime se estás de acordo.--Miñato 16:08, 1 setembro 2007 (UTC)

Resposta ——>
Comprendo perfectamente o que dis, mesmo estou de acordo, pero vexo algúns problemas:
  • Xerais: É preciso unha política que polo momento non existe. Como non existen moitas outras políticas (fair use...), pois ó proxecto lle queda inda para ter unha base totalmente sólida e os administradores non teñen suficiente tempo para a súa composición. ¿Cales son as condicións mínimas para que un poida presentarse á administración?. Os riscos que se corren sen esas condicións son múltiplos, ideoloxización do proxecto, por exemplo.
  • De índole persoal: Estou matinando renunciar como administrador. Esa reflexión, para min, é previa á que me propós. Se renuncio como administrador agora, non aceptarei ser proposto de novo. Dado a actitude que está a ter conmigo algún usuario, que desexa agora expoñerme publicamente (crear un patíbulo) e que é capaz de facerme -el creo lícito- preguntas sobre a miña vida privada (¿quen che escribiu o correo electrónico?), usuario ó que responderei (ando pensando a resposta para non dar pé a máis latricadas), a opción máis posible é a renuncia. Voulle probablemente da-lo gusto. Pero vou esperar uns días, quizais un par de semanas, nas cales non estarei probablemente moi activo.
Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 19:34, 1 setembro 2007 (UTC)
  • Non o sei, realmente quedei de verdade afectado persoalmente polo que aquí pasou, ler páxinas como a de discusión do 1 de xaneiro por exemplo supón que se me vaia a alma aos pés, xente que eu aprezaba e que foron fundamentais no comezo da Galipedia non podo comprender como chegou a comportarse dese xeito. Calquera que che pregunte pola túa vida privada está fóra dos comportamentos da wikipedia, ti es libre de lle contestar por suposto; eu persoalmente, no momento actual, non me vexo con forzas para aplicar as normas, entre outras cousas por iso propuxen iso; pero eu non creo que debas renunciar individualmente ou é unha decisión colectiva, que nestes momentos o mellor é o peor para Galipedia, xúroche que nestes momentos non sei o que é mellor. Eu penso que a parte dalgún momento de tensión, e todos temos malos momentos, fuches un administrador xusto que fixo un magnífico traballo coas imaxes, persoalmente eu non vexo motivo para que marches, é máis pediríache que non o fixeras.--Miñato 19:51, 1 setembro 2007 (UTC)

Concordo con Miñato e lexos totalmente da miña intención inmiscuirme na súa vida privada nin tentar de responsabilizalo de nada, pero a mensaxe da que está a falar foi a consecuencia que vostede alegou para levantar un bloqueo a un usuario ip do proxecto polo que se elementos considerados privados son utilizados para fins públicos como é o caso, o desbloqueo antes mencionado, pasan a esfera do público reforzando deste xeito a trasparencia e credibilidade da Galipedia a súa puiblicidade. Sinto non concordar na súa primeira intervención co User:Maañón, da que non tiña comentado nada ata o de agora, e que comento agora como mostra de que a miña intención non é destruir nada valioso e vostede, segundo o meu criterio está dentro do máis valioso. Desculpas por non me ter explicado máis correctamente pero entenda que na miña situación actual toda actuación que ao meu entender reincida nos erros cometidos é moi perigosa para o proxecto e para as persoas que o compoñen. Espero a súa comprensión e tentarei respetalo como vostede o ten feito conmigo en todo o tempo que levo neste proxecto. Un saúdo. Lansbricae (Ti dirás) 17:07, 2 setembro 2007 (UTC)

Resposta——>
Ola de novo, Miñato. Non sei se é unha boa nova, ou unha desgraza, pero, salvo que seguindo os termos expresados na política internacional do proxecto se me poida facer dimitir ou se me expulse, non o vou facer. Represento como administrador, ademais de a usuarios presentes, a moita xente que hoxe non está presente, pero que mañá si estará.
Non vou aceptar un golpe de estado. Quen o desexe que procure as políticas. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 15:11, 4 setembro 2007 (UTC)
  • Agora son eu o que non entende, na última mensaxe que che enviei pedíache que non dimitises e na última que lle enviei a Xosé dicíalle que agora vía que marcharmos os administradores era o peor para a Galipedia, non entendo que agora me responsabilices de cometer un intento golpe de estado, mal que ben eu intentei arranxar algo, pero máis ben vexo que o único que conseguín foi empeorar a situación.--Miñato 16:19, 4 setembro 2007 (UTC)
Resposta——>
Perdoa se me deixo levar polo meu carácter. Quizais por iso non entendas. Aclároo: Non vou deixar de ser admnistrador nin por decisión persoal nin por mor da túa proposta (debíchesma facer por correo -porque o MSN agora está prohibido- pois, ó negarme, pódesme facer quedar mal ante algúns usuarios). Iso si, mantereime á marxe parcialmente na Galipedia, mantereime á marxe mentres o que se faga (sempre que me dea conta) teña sentido (nomear administradores sen unha política que garanta a independencia ideolóxica do proxecto noon ten sentido, por iso nunca se nomearon abertamente, só tras ver que os comportamentos son independentes e responsables).
O do golpe de estado non ía dirixido a ti; é unha sensación, a sensación que che queda cando persoas que estiveron miles de horas dedicadas ó proxecto abandonan todo por mor de disputas con usuarios que non teñen perspectiva histórica: Provocar que Prevert marche é como borrar a Dámaso Alonso das letras hispánicas. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 16:49, 4 setembro 2007 (UTC)

Fotos escocesas[editar a fonte]

Sorry, Lmbuga, por non poñer todos os datos nos resumos... Queda algunha máis por corrixir? Se queres dime cales son e as reviso todas eu, pra que non pases curre innecesario. Unha aperta. --Xabier Cid 14:35, 4 setembro 2007 (UTC)

Ola, non entendo porque borraches unha foto miña que subín eu para o meu perfil pero bueno xa paso de volver subir fotos--Hugo22 14:46, 4 setembro 2007 (UTC)

Resposta——>
Se indicas que a foto ten copyright e que os dereitos están restrinxidos, non a podes subir á Galipedia nin a Commons. Escolle unha das licenzas da Galipedia (ollo, todas permiten a realización de obras derivadas e o uso comercial).
Ten coidado. Volvela a subir nas mesmas condicións pode ser entendido -eu terei paciencia, iso espero- como vandalismo.
Se necesitas axuda ou desexas compartir calquera cousa contacta comigo. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 14:53, 4 setembro 2007 (UTC)

Non te preocupes, xa non volvo a subir máis fotos, non vaia ser que ¨vandalice¨.--Hugo22 14:51, 4 setembro 2007 (UTC)

Resposta——>
Desculpa se te sentes insultado. Non era a miña intención. Estamos nun momento de cambio na Galipedia. Por solicitude dun usuario, vinme na obriga de bloquearme a min mesmo.
Xamais pensaría, logo das innumerables horas que traballei neste proxecto (12 de media diaria no verán pasado, por exemplo), que un usuario, en vez de dirixirse a min, se dirixise a un administrador para que me bloquee. Isto era unha comunidade, agora...
Por todo iso, a miña percepción dos riscos que hai na Galipedia cambiou. Eu vou dialogar contigo, ata que o comprendas, pero outros poden solicitar que te bloqueen. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 14:58, 4 setembro 2007 (UTC)

Haha, pareceme un pouco de coña, habería que ter moi mala ostia para perdir que me bloqueen por subires unha foto miña no meu perfil, non sei, seguramente se poderá, e visto o visto seguro que hai xente ¨con ganas de marcha¨ que non dubidaría en face-lo.

O que me pareceu moi mal e que primeiro, borrases a foto que eu subín, e logo me avisases, cando deberías terme avisado primeiro para arranxa-la foto ou atopar algunha solución. Que pasaría se xa non tivese esa foto no meu ordenador? pois o máis probable é que a perdese para sempre.

Simplemente, foron as formas as que me pareceron mal, é como se ti tiveses fotos dos teus fillos ou familia no teu perfil de usuario e eu me poño a borra-las porque te trabucaches ao subir as fotos sen sequera consultarcho.

Tamén me pareceu mal que me digas que me poden bloquear, cando quen lle puxo a licenza á foto foi un Administrador da Galipedia e non eu.--Hugo22 15:11, 4 setembro 2007 (UTC)

  • Desculpa de novo. Podo recuperar a túa foto. (gardo e continúo nun momento esta mensaxe)--Lmbuga Commons - Galipedia 15:16, 4 setembro 2007 (UTC)
  • As fotos borradas da Galipedia ou de Commons poden ser recuperadas. Se me dis que queres cambiar as condicións do cpyright, recupéroa e ti cámbialas, non é problema. Non tiña tampouco intención en que che parecesen mal as formas, seguindo as políticas, un copyvio bórrase; dialogando, pódese recuperar a imaxe.--Lmbuga Commons - Galipedia 15:18, 4 setembro 2007 (UTC)

para rematar quero pedirche perdón polas miñas formas, sei que os Administradores estades bastante queimados e as veces non valoramos o voso traballo que é moito e imprescindible, agardo para a próxima vez, que me avises e me axudes a soluciona-lo problema--Hugo22 15:17, 4 setembro 2007 (UTC)

  • Para solucionar o tema da foto, podo recuperala e ti editala, ou podes volver subila e poñer a licenza que habitualmente usas: PD ou Cc-by-sa-2.5-es, como desexes. Dime o que queres. Estou a túa disposición--Lmbuga Commons - Galipedia 15:20, 4 setembro 2007 (UTC)
    • Mandeiche unha mensaxe pero non a vexo escrita.. bueno, o que che dicía antes, agora estou ocupado traducindo un artigo, non te preocupes logo xa subirei eu outra que atope--Hugo22 15:29, 4 setembro 2007 (UTC)
      • Onde carallo se pon iso do selftmade?? se non se pode borraa e xa a subirei noutro momento.--Hugo22 15:33, 4 setembro 2007 (UTC)

Noraboa, Lmbuga, pola túa decisión de non dimitir nin resignarte a ningún golpe de estado encuberto. Preocupábame moito ver que nesta absurda historia de dous -media ducia, ó sumo- contra todo o resto, tiñabamos que ser todo "o resto" os que nos vésemos obrigados a ter tanto tento co que dicimos, a quen llo dicimos e como llo dicimos. Levamos 15 días "cogiéndonosla con papel de fumar", para non ser malinterpretados, e xa está ben, coño, xa está ben. Hoxe, despois de le-a túa mensaxe, empezo a ver esperanzas.

Agora que o penso, a noraboa debería ir dirixida a todo ese "resto" da Comunidade. Parece que sí temos futuro. Podemos estar todos ben satisfeitos porque te quedes. Ti e tódolos administradores que andiveron pensándoo estes días e que, grazas a deus, seguen con nós. Agora só nos falta recuperar para a causa a Xelo22 e Prevert, dúas perdas ben lamentables (e que me perdoen se me esquezo doutros, porque non quero ser excluínte).

Pedro --Lameiro 15:26, 4 setembro 2007 (UTC)

Resposta——>
Grazas. Non esperaba sentirme expresamente apoiado. Na Galipedia somos moitos os usuarios habituais que coma ti ou coma min nos coñecemos. Que procuramos non facer ruído. Mais tamén hai moitos outros, con colaboracións máis ou menos contadas, que se aparecen é porque non teñen problemas por aparecer, porque este é un espazo tranquilo.
A procura dese espazo tranquilo é a que me leva a actuar como estou actuando. Temos que conseguir arreconchegar a agresividade (ollo!, a agresividade, non necesariamente usuarios concretos, pois cando un usuario é demasiado agresivo, pode ser recuperado para o proxecto; outra cousa, sería un vándalo).
Non me estendo máis. Grazas--Lmbuga Commons - Galipedia 15:38, 4 setembro 2007 (UTC)
  • Engado máis: temos que conseguir recupera-la capacidade de dialogar e de discutir (no sentido máis nobre e orixinal da palabra: intercambio de opinións). Se unha discrepancia, unha opinión contraria, enténdese como un insulto, entón non hai diálogo posible e a discusión toma o seu significado segundo e perverso: confrontación, liorta, e mal rollo.
  • Demostremos a todos que é posible a discusión (1ª acepción) e que, ademais, é cousa boa para o proxecto e para as persoas.
  • Pedro --Lameiro 15:53, 4 setembro 2007 (UTC)
Resposta——>
Coincido, inda que cometín erros puntuais (son humano), pero só puntuais, totalmente contigo--Lmbuga Commons - Galipedia 16:08, 4 setembro 2007 (UTC)

A que te refires?[editar a fonte]

A que te refires a resposta de Xabier Cid sobre as fotos escocesas nas que lle arranxaches os datos ou a que un usuario se sinta molesto porque lle borren unha imaxe subida por el sin aviso previo?

Sinto discordar contigo máis do que poida semellar pero sí, algún usuario debería ter axudado aos administradores a marcar esa imaxe co aviso de faltan datos e comunicarllo ao usuario rexistrado para darlle un tempo para que complete os datos, como se tivo feito anteriormente (polos administradores) co mesmo usuario User talk:Hugo22. E espero que entendas que eu nunca pretendín nada, só estaba facendo o que levo meses facendo, nada máis, pero convertinme no terceiro en moitas leas que se queres poden simplificarse nas miñas actuacións pero que son máis complexas. Espero non ser un impedimento para a túa estancia aquí, un saúdo. Lansbricae (Ti dirás) 15:32, 4 setembro 2007 (UTC)

Resposta——>
Desculpa, pero creo que non foi erro meu, ou quizais si (por mor dun espazo que escribín de máis). As miñas palabras a Xavier Cid non eran as que eu na mensaxe anterior indicaba. É a mensaxe seguinte a que quería indicar, a que ten como título dous interrogantes ( ??), especialmente a segunda resposta miña.
Tamén pode ser do teu interese, para coñecer a miña opinión, non do que pasou (non me importa, non ten solución), senón do que me está pasando, a lectura da última mensaxe, en resposta a User:Lameiro.
Insisto: O dano causado con todo o que pasou á Galipedia é, hoxe por hoxe, irreparable; ninguén pode sabelo mellor do que eu o sei. Velaí estades os novos. Veremos se sodes quen de facer mellor, ou igual, o traballo do que Prevert e Xelo. Se o traballo é bo, por min tendes vía libre. Dito doutro xeito, apártome parcialmente. Apártome parcialmente, só parcialmente, porque non podo aceptar, por exemplo, que se elixan administradores sen unha política sobre o asunto que asegure a liberdade ideeolóxica da Galipedia. Npn se pode actuar sen ter políticas claras. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 15:56, 4 setembro 2007 (UTC)

Vexo todas as edicións e saco en conclusión que alguén está aprendendo a subir imaxes, alguén que xa a administración falara do tema con él en moitas ocasións e que un administrador e logo un usuario lle están axudando. Vexo tamén que te sintes observado, vixiado, que existe violencia no ambiente. (Eu só síntome representado por ti e o resto, na maior parte das ocasións orgullosamente).

Debe ser esa a conclusión dos nove meses que levo por aquí, alguén violento que anda a montar jarana con catro amiguetes para pasar o rato jodendo a quen lle ensinou antes e non deixando traballar a nadie por mor da desilusión dun namoramento cibernético non correspondido, ou ben a opción do complot xudeo-masónico dun golpe de estado soterrado, para gobernar o edén da sabedoría e dominar así non sei o que. ao mellor os contidos da portada para o meu beneficio. Preguntabame nunha desas moitas páxinas de discusión Xelo2004 se xa pararira, eu non me decatara do dos 9 meses pero tería que terlle contestado que o parto foi provocado.

Alédome de que non decidas deixar o proxecto, se eu fose un impedimento para elo marcharía nada máis rematar o meu puñetero soliloquio que malditas as gañas tiven nunca de facer pero que me sinto obrigado a facer como outras moitas desagradables cousas. Lansbricae (Ti dirás) 15:54, 4 setembro 2007 (UTC)

Resposta——>
Non son psicólogo, nin psiquiatra, nin pretendo selo, nin actúo como tales. Mais sen selo, cando dis (véxase a miña páxina de discusión, no apartado Dando explicacións) a penúltima maldade, pareces querer dicir que sabes moi ben o que fas e como calificalo, e, a verdade, coincido contigo; e non creo que esa sexa a primeira vez que puideses calificar así a túa actuación.
A barreira que hai entre nós é evidente. É cuestión de estilos, mesmo de estilo de vida. Es un excelente colaborador, e creo que serás no futuro un moi bo administrador (iso espero, en tódolos sentidos), poderei colaborar contigo, pero ensináchesme que na Galipedia (non só en Commons) tamén teño que ter coidado de que alguén me intente cravar un puñal nas costas. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 16:35, 4 setembro 2007 (UTC)

Tiña escrito máis aquí pero tiven un confito de edición con Miñato e perdino, non sei agora xa non repito o mesmo. Claro que para min esto non ten solución boa, eso sobémolo cada un dos participantes nun momento determinado, pero, que sexa eu o responsable do xeito de actuar de Hugo22, que sexa eu o responsable do xeito de actuar de Prevert e de Xelo2004, que agora tamén se insinúe que sexa eu o que movo a Maañón, a Alma (xa se dixera antes) e a algún que outro máis xa é demasiado, Incluso a Miñato, co que no tempo que coincidimos non recordo ter falado (escrito) nada. Isto non creo que mellore nada pero desde o teu punto de vista xa non é posible perder máis só quedas para velar a obxectividade da Galipedia. Por qué se son un suxeito tan perigoso non se me bloqueou nunca? Por qué non vos dirixides tamén públicamente as outras partes. Tiven eu a culpa de todo, malinterpretei leccións enviadas a través doutra persoa rebelde pola idade provocadas por terme inmiscuido a tavés de terceiros en discusións de editores díscolos coa finalidade de atopar unha situación que fixese volcar o proxecto para facerme co poder???? Perdémolo sentido eu, todos ou que está a pasar? Lansbricae (Ti dirás) 16:50, 4 setembro 2007 (UTC)

Pa flipar, sinto clavarche non sei que puñal pero enterate dunha vez NON TEÑO NADA PERSOAL CON NINGÚN DE VOS, O MESMO QUE TAMPOUCO O TEÑO CON MAAÑÓN, CON MIÑATO, NIN CON XABIER CID, NIN CON LAMEIRO, NIN PREVERT, NIN XELO2004 NIN NADIE DOS QUE AQUÍ COLABORARON, e ostia xa vale de merdas de administrador nin ostias, xa fai meses disto cando Prevert, insinuou entre conversas doutras índoles, que cando se aprobase a nova política de administradores eu podía dar un bó perfil, lle contestei que sería un bo xeito de votarme da Galipedia, que para ser administrador hai que aceptalo. Sei que o que aquí acabo de dicir pode ser malinterpretado de múltilpes xeitos. dame igual se tivera medo a ser malinterpretado non tería feito o que levo feito, só tento de decilo o mais literal posible, nunca tiven envexa dos administradores nin lea polo estilo que pretendades querer facer entender, ao contrario sempre me pareceu unha putada, así de claro unha putada que para que alguén a poidese sobrelevar, os demáis tiñamos que axudar o máximo que poideramos a facela máis doada, xa que senón os administradores acabarían cansos e queimados. E volvo ser malicioso, de novo que carallo sabes ti do meu estilo de vida? ou e que fas corrillos co da ip que pregunta se non hai administradores? e che vai mandar unha sorpresa por correo, bloqueado-desbloqueado e con outros máis? Lansbricae (Ti dirás) 16:53, 4 setembro 2007 (UTC)

Agora o MSN está prohibido? Desde cando? Esto non é nada serio, onde o pon na wiki galega? pq si é así logo síntome utilizado desde fai tempo. As comparanzas entre Prevert e Dámaso Alonso foi boa si señor, tamén está prohibido insultar as persoas que difiren do que ti pensas TALK 1 DE XANEIRO, exemplificar con outras persoas para dirixirse á comunidade USER TALK:ALMA, tamén está prohibido discutir con outros na páxina de discusión doutro editor... Hai moitas cousas prohibidas, as discriminacións por razón de idade tamén ver en varias páxinas. Moitas cosas as prohibidas e a culpa miña por ser mala persoa e pagarvos ben mal. Qué ostia vos fixen eu a vos? Pretendíades quizais que eu lle dixese a miña moza o que ten que facer o deixar de facer? Pensades logo que a miña moza a dirixo eu? que dirixo eu a Mañón? qué dirixo eu a todo aquel que difire de vos?, incluso ao Hugo22. Qué carallo vos teño eu feito a vos para que me metades nesta puta merda de lea porque a miña moza se queixara dun bloqueo ben riguroso e de moi pouco gusto? Meteuse o terceiro para facer un golpe de estado e jobernar todo ao seu antoxo?

O que pasou aquí é que dous administradores cometeron unha serie de erros, eu como usuario tamén, e outros usuarios e os administradores marcharon porque nunca quixeron recoñecer publicamente ningún tipo de erro. Nadie quere foder a nadie nin leas polo estilo nin cambios xeracionais. Prevert é moi bo no seu pero el mesmo sabe que a administración acaba pasandolle unha boa factura. Eu vou acabar o que andaba a facer e xa te deixo velando pola liberade ideolóxica e a integridade do traballo feito por todos, os novos e os vellos. Lansbricae (Ti dirás) 17:11, 4 setembro 2007 (UTC)


A barreira que hai entre nós é evidente. É cuestión de estilos, mesmo de estilo de vida. Es un excelente colaborador, e creo que serás no futuro un moi bo administrador (iso espero, en tódolos sentidos), poderei colaborar contigo, pero ensináchesme que na Galipedia (non só en Commons) tamén teño que ter coidado de que alguén me intente cravar un puñal nas costas. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 16:34, 4 setembro 2007 (UTC)

Resposta——>

Non falo xa dese conflito con consecuencias irreparables que non entendín e non vou procurar entender. É obvio que canto digas dese conflito, por seren palabras túas, non mo creo. Non me interesa o pasado, estou falando de ti e de min.

Puñal?, aclararche o puñal? Aí o tes: a túa mensaxe a Miñato. Dásme as grazas pouco antes de mandarlle esa mensaxe a Miñato, dásme as grazas por ser o teu cicerone e encóntrome que cando estás en desacordo cunha actuación desafortunada miña, en vez de dirixirte a min, vés a por min. Merezo ese trato? Que cres que podo esperar de ti? Que perspectiva histórica tes ti do meu traballo? Cando desconfiei eu de ti? Este, a Galipedia, era un espazo -para min- en que se podía traballar amigablemente, en que se podía cometer erros pois había benevolencia. Se actitudes como a túa están presentes, teremos mal futuro.

Velaquí a túa mensaxe dirixida a Miñato:

Ola, non te ofendas que xa teños moitos ofendidos pero Só che pido coherencia, Lmbuga insultou a un usuario e o usuario respondeu que lle mandará unha sorpresa polo correo (o cla é considerado como ameaza por ti, sen problemas), pero só se bloqueou a IP (por 1 mes), porque non se bloqueou tamén a outra parte que insultou ao editor (VAIR RAÑALA, creo que dixo textualmente), a lo menos simbólicamente? Existen diferenzas entre o resultado dos insultos verquidos por un administrador e os verquidos por un Usuario Común na política da wiki? non debe ser considerado máis grave que sexa un administrador o que cometa o acto considerando que un administrador é unha referencia e un apoio imprescindible para o resto de usuarios? Neste caso o resultado foi un bloqueo e o borrado dos dous comentarios advertindo que nadie pode insultar, non semellan moi equilibradas as medidas.

Teño que traballar pero a vista do asunto tentarei pola tarde facer un breve resumo o máis calmo posible sobre o meu punto de vista en todo este asunto que está a afectar ao proxecto e as persoas.

Sen sentimentos encontrados. Grazas polo teu tempo e polo que estás a tentar facer.

Non, non fuches bloqueado, polo que a min respecta non houbo motivo, como non habería motivo tampouco para bloquear a unha persoa que ten un comportamento non ético ou falso.

Aquí, na Galipedia, ata que eu me bloqueei a min mesmo, xamais se bloqueu a un colaborador habitual (que o saibas), pero ademais resulta que xamais se pediu que se bloquease a un colaborador habitual. De que vas? Sabes o mundo en que pisas? O raro es ti.--Lmbuga Commons - Galipedia 17:21, 4 setembro 2007 (UTC)

Podes ver o bloqueo que tivechedes que facer a User:Hugo22.

Albariño[editar a fonte]

Lmbuga, bota un vistazo á imaxe de albariño e ó enlace que puxeron na Historia. Pedro --Lameiro 17:12, 4 setembro 2007 (UTC)

Resposta——>
Borrei a ligazón exterior por propaganda e tamén a imaxe que incorporara esa ip pois vai ser borrada de Commons por Copyvio. Grazas--Lmbuga Commons - Galipedia 17:39, 4 setembro 2007 (UTC)

Pódese recolocar as intervencións nas páxinas de discusión de usuarios? non se descontextualizan?[editar a fonte]

Pois eso Pódese facer iso, non debe ser a orde cronolóxica a imperante para unha maior claridade da información?

Desde cando non se pode usar o MSN para temas de xestión da Galipedia?

Grazas Lansbricae (Ti dirás) 17:16, 4 setembro 2007 (UTC)

Resposta——>
Daraste conta de que o que fago é contextualizar. Vai a Commons, e verás que é o habitual. As discusións continúanse no apartado en que se iniciaron sempre que non fosen retiradas das páxinas de discusión, non se respectan ordes cronolóxicas, o que se procura é que calquera, mesmo un mesmo, poida ler ou reler con facilidade unha discusión.--Lmbuga Commons - Galipedia 17:33, 4 setembro 2007 (UTC)

De que vou?[editar a fonte]

Vexo que todos estudáchedes polo mesmo librillo, non contestar ao que se pregunta:

  • O do coitelo podo entendelo que penses que foi así, pero quero que entendas que o tipo de reaccións como a que ti tiveches, a de simplificar os feitos e votarlle a culpa a ún só neste caso Maañón, foron gran parte do problema que provocou a miña saída de nai o que fixeron que entrara nun tema no que non estaba a intervir de ningún xeito. Naquel momento non tiña falado contigo pero o teu primeiro movemento foi posicionarte no que considerabas dúas posturas, a de Mañón, Alma e miña,díscola e a dos administradores que polas inxustizas cometidas dimiten. Sentinme na obriga de pedirllo a outro administrador porque considero que os vosos actos deben ser o noso exemplo. Non creo ter falado mal de ti só expoñer uns feitos que se continuasen sucedendo non beneficiarían en nada ao feito. Se dous insultan dous deben ser sancionados, se é a primeira vez que se aplica, eu tampouco vin unha páxina como a de Alma, un foino con duas horas e o outro cun mes. Ao pouco pides se desbloquee á ip alegando ter malinterpretado a mensaxe da ip, ías levar unha sorpresa dixo. Seamos serios, non actuemos como nenos, as causas dun bloqueo e dun desbloqueo deben ser públicas, xa que son medidas coercitivas.

Agora optas por non querer facer valoración algunha do sucedido no mes de agosto, outros optan polo silencio, e aos que optan por actuar se lles acusa de tentar golpes de estado. A situación de bloqueo estouna a provocar eu? A min acúsasme de sementar a discordia, mala ética e outras maquiavélicas intencións e falta falar da miña ambición sen fondo de ser administrador que non falte a mención, sempre ten que estar.

  • e a outra pregunta sin contestar, que sabes tí do meu estilo de vida?, porque non colgas o que eu che respondín cando lín a mensaxe referida a min na páxina de discusión doutro usuario acusándome de faltarche ao respeto explicando porque non entendía terche faltado ao respeto.

Por certo contigo non tiven a opción de falar polo MSN, nunca falamos, sempre nos relacionamos pola galipedia, senón por descoñecemento faría o que fixen o día do bloqueo con Xelo2004 pedirlle que pensara que o bloqueo non debería facerse con eses malos modos, que ese proceder a imaxe dos demáis o deslexitimizaba. Non quisen entrar nese momento pq supusen que cando chegase un novo administrador entre ambos falarían e se entendería que non se pode corresponder a un exceso con outro exceso, só coa medida coercitiva debidamente advertida, e dicir coa correción adecuada. Pero cando chegou o administrador quixo explicar desde unha tribuna o que non era tal senón unha persoa representada na súa páxina de discusión... non sigo porque xa sei que non tes intención de analizar nada do ocorrido, só che interesan as consecuencias seica que provocadas por min, mira tamén o que dixen no talk 1 de xaneiro haber se tamén iniciei hay eu a lea, ou despois da primeira diatriva de Prevert, creo que non, eu entrei o 20 de agosto e xa estaba todo bastante enleado, que despois houbo máis, claro que si, manipulouseme.... Lansbricae (Ti dirás) 17:59, 4 setembro 2007 (UTC)

¿¿¿Golpe de Estado???? ou vergoña colectiva[editar a fonte]

Cheguei fai un rato e estaba a ler nos cambios recentes todo o acontecido hoxe a tarde, e levo moito tempo calada e sen dicir nada, teño que dirixirme a ti como administrador porque non entendo a actitude que estás a ter neste tema. Acusar con outros usuarios a outro administrador dun golpe de estado encuberto porque dous administradores (valiosísimos, non discuto eso, porque efectivamente o son) deixaron voluntariamente a Galipedia, igual que no seu momento a abandonei eu e tamén Lansbricae, paréceme unha falta absoluta de respeto e de seriedade. Eu teño que agradecérlle a ese administrador (User:Miñato) ao que ti acusas de golpista que tivera a dignidade de pedirme desculpas polo que se fixo por parte de todos na miña páxina de discusión, que o mellor non te paraches a ler, e por iso non es capaz de formarte unha opinión.

A pesar do acontecido, na miña última mensaxe, eu pedin aos dous administradores que voltasen e Prevert contestoume que sería un xesto de boa vontade da miña parte que non puxera condicións. Se esta é a Galipedia que queredes ter, na que por intentar tomar medidas para correxir os erros cometidos por dous administradores que precisamente por ser cometidos por eles son máis graves (e non digo que os usuarios implicados non cometéramos erros neste tema pero a cada un o seu e neste tema parece que só se quere botar terra por riba del), un Administrador, aínda máis valioso (precisamente pola humildade de recoñecer os erros alleos e de asumir unha pataca quente que non quería ninguén) é acusado de querer provocar un golpe de estado en connivencia con usuarios novos, a min particularmente, deixádesme sen ganas de facer nada con esta parte da sociedade que non respeta as persoas, e que prefire calar e mirar para outro lado ou posicionarse sen argumentos. Grazas polo teu tempo e adeus. Alma 19:49, 4 setembro 2007 (UTC)

'Resposta——>
Non acabei de ler aínda a túa mensaxe, cheguei ata o golpe de estado do que acuso a Miñato. Considero máis grave que digas que fixen o que non fixen, -por favor le o que escribín atentamente- ca calquera cousa que puiden facer. Así que se che parece unha falta absoluta de respecto e de seriedade que diga -cito literalmente- O do golpe de estado non ía dirixido a ti; é unha sensación, a sensación que che queda cando persoas que estiveron miles de horas dedicadas ó proxecto abandonan todo por mor de disputas con usuarios que non teñen perspectiva histórica.
Por outra banda, é evidente -obsérvase neste erro- que entras cunha actitude defensiva: o ataque, inda que inxustificado é a mellor defensa. O meu non vai contigo; con Lambriscae só quería falar del e de min, non de asuntos previos como o conflito ó que aludes (o cal procurei entender, pero non entendín). Fai uns días mandei unha mensaxe por email para que mo expicase e non se dignou a responderme. Despois todo o demais. Que máis queredes de min? Para min está pechada a discusión. Non falarei máis por este motivo. A cuestión é que non fun tratado co respecto debido--Lmbuga Commons - Galipedia 20:49, 4 setembro 2007 (UTC)

Acúsasme de faltar a verdade por dicir o que che dixen, semella que non tes memoria do que ti mesmo escribes, cando a Miñato lle dis textualmente:

Non vou aceptar un golpe de estado. Quen o desexe que procure as políticas. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 15:11, 4 setembro 2007 (UTC).

Máis tarde, si é certo que especificas o que me pos no meu talk da sensación de golpe de estado, pero gustaríame pedirche que me explicaras en qué consiste esa sensación, porque a sensación de fame a entendo pero a de golpe de estado, non alcanzo a comprendela, aínda que podemos preguntarlle a Tejero que creo que el sí a tivo.

Pero, cando che dixen o que te dixen, tamén me refería á conversa que tiveras con Lameiro no teu talk onde Lameiro te di textualmente que Noraboa, Lmbuga, pola túa decisión de non dimitir nin resignarte a ningún golpe de estado encuberto. ás 15.26 é dicir (despois de que ti lle enviaras a primeira mensaxe a Miñato) e ti calas, e non lle dis a Lameiro que está a acusarte de algo incorrecto. Eso é o que máis grave de todo me parece, cando agradeces o apoio sen darte conta que estás a ensuciar a imaxe pública dun compañeiro administrador, dun valiosísimo editor. Por iso, pídoche que recapacites e non permitas que un administrador tan valioso como Miñato deixe o proxecto, penso que está nas túas mans.

En canto o segundo tema, parece que non perdoas que Lansbricae non usara o correo electrónico para explicarche todo o acontecido, pode ser porque o administrador Miñato demostroulle que dandolle tempo para bucear por tódalas páxinas de discusión e formarse o seu propio criterio, non se precisaban recorrer a outras fórmulas, simplemente ás ganas de querer arranxar un asunto (poden ser acertadas ou non pero o que habían eran ganas). Eu, particularmente, as túas non as vin nunca (remítome para xustificalo porque non me gusta dicir as cousas sen basalas a cando dis: Tamén pode ser do teu interese, para coñecer a miña opinión, non do que pasou (non me importa, non ten solución). Se un conflicto que Prevert calificou de prioridade absoluta por afectar ao wiki (ver cadro na miña páx. de discusión) ti o minimizas e nin te molestas en ver o que sucedeu, aínda que sexa para turrarnos das orellas tanto aos usuarios implicados como os administrados envoltos nel, tendo en conta a túa traxectoria histórica, estamos aviados. Alma 21:28, 4 setembro 2007 (UTC)

Como ti fuches cru con moita xente síntome lexitimado para selo eu contigo, canto máis leo menos confío no teu criterio como administrador, só agardo que lle pidas desculpas a Miñato por acusalo (eu sei ler) de estar implicado en supostos golpes de estado, que creo que só están na túa mente.Acerto 21:53, 4 setembro 2007 (UTC)

todo foi un soño dunha noite de veran[editar a fonte]

Ola lmbuga. Primeiramente, dicirche que, cando amagache con reninciar, ía pidirche que non o fixeras, pero de feito tiven medo que a miña influencia, dada as culpas que se me botaron encima, che fixera tomar precisamente a decision que eu non queria. Agora teño a mesma preocupacion, pero coido que teño a obriga de intentalo:

Pidoche un favor, que trates de reconducir a situacion con Miñato. Mais ala da miña opinion personal de que Miñato fixo un favor moi importante para a credibilidade da Galipedia, coido que, como mínimo, ninguen pode negar a boa fe, honestidade, total transparencia e a sua decision para tratar de frear unha crise total. Por todo iso, pregariache que lle pediras a sua volta inmediata ao proxecto, maxime dada a falta de administradores.

En canto ao do "Golpe de estado", quero pensar que o puxeches nun momento de tension pero que te decatas perfectamente de que non é asi. É mais, temome que o tal "Golpe de estado" é o que se tenta agora, acusando a Miñato (ao levar menos tempo no posto é mais doado presionalo) para empuxalo fora. Mais ala da Galipedia, estase a facer un dano moi gordo a moita xente, e acusacions tan graves, en caso de tratarse dunha táctica para botalo, coido que van mais ala dos limites eticos.

Se coidas que pode valer de algo a miña retirada absoluta, agora mesmo a ofrezo (e non utilizar tampouco ningun usuario anonimo, IP), somente pido que retires a acusacions contra Miñato e a promesa de non reverter o comezo no proceso de democratizacion e transparencia que estaba a comezar na Galipedia (con iso dariame por mais que satisfeito).

(enfin, se o problema era eu, iso é moi doado de solucionar. Parece que todo ía ben, e que a transparencia e democracia eran secundarias. Todo ia ben, ainda que o crecemento da Galipedia ía moi por debaixo do seu potencial). --Maañón 21:01, 4 setembro 2007 (UTC)

Resposta——>
Para min é unha noite de terror.
Miñato se algo tivo foi boa fe, honestidade, total transparencia. Estou de acordo.
Polo que respecta ó do golpe de estado, por favor, le as miñas mensaxes. Aclareino ó instante, así que Miñato me indicou que non me entendía. Dixen:

O do golpe de estado non ía dirixido a ti; é unha sensación, a sensación que che queda cando persoas que estiveron miles de horas dedicadas ó proxecto abandonan todo por mor de disputas con usuarios que non teñen perspectiva histórica

...e sigo sentindo o mesmo. Repito, é un sentimento, unha sensación. A sensación de que a xente soe loitar contra o poder denodadamente sen respectar traxectorias nin mirar o futuro (cousa que non aplico ó caso do conflito, por que como xa dixen moitas veces, non sei exactamente o que pasou).
En conclusión, eu non falo do conflito, inda que estou afectado por el.
A min non me interesa a retirada de ninguén. Ó revés. O que non quero é sentirme con temor cando edite, por se me confundo. É certo que metín a pata, moito máis se meteu no conflito ese (supoño que todos os que participaron ou os máis, polo que vin) e non sei que se pediran bloqueos. Pediuse o meu bloqueo porque son administrador (un absurdo nestes momentos, pero vale, bloqueeime eu a min mesmo), pero non me gusta que un usuario próximo, que me considerou o seu cicerone, non veña de cara... e non quero que me veña por detrás nunca máis. Se me confundo, confundinme. Hai un historial de moitas horas aquí traballando e respectando á xente. Cando menos merezo que me digan as cousas á cara. Esa é a cúspide do meu problema, e está pechado: O usuario non o entende.
Por favor, non terxiverses: De que acusei a Miñato? O do golpe de estado xa lle dixen que non ía con el. De que?
Antes a transparencia e a democracia eran moi importantes. Todos tiñamos claro que había que camiñar cara a iso. Pero non se podía ir máis rápido, non eramos capaces. Antes de implantar unha democracia hai que crear unha constitución, e os administradores estabamos especialmente no verán, pero tamén no inverno, a tope de traballo. Por iso fai uns meses decidía eu cal era a imaxe da semana ou Prevert o artigo do mes, por iso non hai unha política para a elección de administradores,...
Por certo, xa me dirixín a Miñato pedindo que o meditase, víchelo? Eu estou nas mesmas ca el, co nivel de esixencia que tendes cos adminisradores máis vale que o deixe, porque eu non penso poñerme horas a redactalas, bastante tempo lle teño dedicado a isto e a Commons. Vexo todo moi negro. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 22:03, 4 setembro 2007 (UTC)

Ata máis ver[editar a fonte]

Este administrador marcha de vacacións. Quizais sexan de unha semana, quince días ou indefinidas. O usuario pode ser que apareza, pero non atende nas vacacións como administrador: non vixía, non lidera, non dirixe
--Lmbuga Commons - Galipedia 22:21, 4 setembro 2007 (UTC)

Aprender[editar a fonte]

Ola compañeiro: perdoa que che moleste, pero se algo aprendin nesta wikipedia foi principalmente de ti e de Prevert, e valoro enormemente as vosas leccións, por iso pidoche que me permitas por unha vez que che intente comentar eu algo a ti.

  • A túa contribución a este proxecto é de tal magnitude que incluso pode compensar o enorme dano que lle fixeche hoxe ao proxecto atacando á única persoa que nestes momentos ten autoridade moral sobre toda a comunidade e que podería liderar a volta á tranquilidade e ao traballo construtivo:Miñato. Non intento que fagas nada, só que te decates de que o que fixeche vai contra o que eu creo que é o teu modelo de wikipedia.
  • Penso que estou plenamente de acordo co teu modelo, pero polo que se deduce do que escrebes ultimamente non podo estar de acordo cos medios que cres que nos levarán a acadalo. A idea de que isto só se pode dirixir desde un grupo fechado de persoas de confianza pode resultar na práctica (aínda que estes dias non o faga, pode volver a facelo no futuro) pero é inaceitábel moralmente. Esa ideoloxía (todos temos unha ideoloxía e ti sabes de sobra que ideoloxía teñen os que din que non existen as ideoloxías ou que xa chegamos ao "fin da historia") ten un nome que estou seguro que ti non aceitarías como teu e que non vou repetir aquí por que non te quero ofender, non o mereces, pero todos coñecemos a súa divisa "Alles für das Volk, aber nichts durch das Volk".

Lamento molestar e agardo que tanto ti como Prevert volvades a ser os de antes. Un saúdo e até logo --Emilio juanatey 22:30, 4 setembro 2007 (UTC)

Non pretendía molestarte, pero tes que entender que si ti usas un certo ton (e o teu historial recente está aí) tes que agardar que as respostas sexan nese ton, e máis importante que o proxecto e a Galipedia son as persoas que contribuímos que somos os que o facemos.Acerto 22:32, 4 setembro 2007 (UTC)

A miña mensaxe a Miñato[editar a fonte]

Para que non teñades que ir á súa páxina de discusión póñovos a continuación a mensaxe, por certo, grazas por bombardearme con cousas que non veñen a conto (o conflito en cuestión, do cal eu non pretendía falar e se falei foi para falar de min e de Lambriscae e de outro conflito). Que ben me escoitastes:

Mensaxe a Miñato[editar a fonte]

Acábanme de acusar de considerarte implicado nun golpe de estado. Ou estou eu tolo ou están eles, debo estar eu.

Se les detidamente as miñas palabras, inda que dirixidas a ti, non creo que encontres en ningún momento unha referencia que indique que ti participabas nese suposto golpe de estado que evidentemente non existiu, o cal non quere dicir que eu non teña a sensación de que ocorreu algo así, porque eu non participei no conflito e non sei que demos pasou. Pedín que mo explicasen e ninguén mo explicou. Por certo, tiña idea de que ti tampouco participaras, quizais estea confundido.

Acúsanme tamén de que nas miñas palabras de agradecemento a User:Lameiro te impliquei nun golpe de estado. ¿? As palabras son estas:

Grazas. Non esperaba sentirme expresamente apoiado. Na Galipedia somos moitos os usuarios habituais que coma ti ou coma min nos coñecemos. Que procuramos non facer ruído. Mais tamén hai moitos outros, con colaboracións máis ou menos contadas, que se aparecen é porque non teñen problemas por aparecer, porque este é un espazo tranquilo.

A procura dese espazo tranquilo é a que me leva a actuar como estou actuando. Temos que conseguir arreconchegar a agresividade (ollo!, a agresividade, non necesariamente usuarios concretos, pois cando un usuario é demasiado agresivo, pode ser recuperado para o proxecto; outra cousa, sería un vándalo).

Non me estendo máis. Grazas

Se nalgún lado che colocase eu, sería no deses usuarios habituais que non desexan facer ruído.

Dinme que che pida que non abandones. Sinceramente, non podo facelo, pois case non teño forzas para continuar eu. Grazas, especialmente se tentas entenderme--Lmbuga Commons - Galipedia 22:17, 4 setembro 2007 (UTC)

Por favor[editar a fonte]

Eu nunca dixen que non teñas autoridade moral, nen sequer dixen que non a teñas para min. Dixen, por favor volve a ler, que só unha persoa ten esa autoridade sobre toda a comunidade e está en condicións de liderar o proxecto porque as outras marcharon e ti estás enfrontado con parte da comunidade. Non comigo. Eu non penso enfrontarme con ninguén. Eu non teño autoridade moral e non podo liderar nada. Ti podes facer moitas cousas e sabes que este proxecto paga a pena, non como enciclopedia (ainda), se non como paso para facer que no futuro os rapaces deste país podan facer algo que eu non puden até hai ben pouco: vivir en galego. E para iso ti podes contribuir moito. E para iso non importa o que ninguén pense de ti, nen os insultos. Hai unha cousa que aprendin aqui: os insultos non son contido enciclopédico, non interesan, nen as ofensas, nen as liortas. Diso só nos lembraremos nós, o resto, o contido, ficará. Este proxecto que tantas dores de cabeza te terá provocado tamén paga o seu prezo, en ilusión. eu só che recriminei que nos estabas tirando a todos un pouco da nosa ilusión, pensaba e sigo a pensar que sen querer. Lamento se eu che teño tirado un ápice da túa. Non o pretendia. Prometo non molestar mais e non volver a ler mais historias, parece que non sai nada dai. Vou seguir poñendo o meu pequeno gran de area e se ti non segues tocarame pór algo mais. De verdade que lamento que tomases a mal unha corrección, será que o fixen mal, eu nunca tomei a mal as que me fixeron. Será que non vallo para isto. --Emilio juanatey 00:48, 5 setembro 2007 (UTC)

  • Por suposto que es humano... todos o somos. Un administrador non é un superhome (ben o sei eu). O erro, como ben dixeches, foi enmendado, e creo que a partires daí o tema non dá pra máis. Creo que nos estamos a afogar todos nun vaso de auga. Un saúdo. AlberteSi, digame? 01:08, 5 setembro 2007 (UTC)

INSISTO, NON HAI VOLTA ATRÁS. ESPERO QUE SE RESPECTE A MIÑA PÁXINA PERSOAL, NA CAL EXPLICO ALGUNHAS COUSAS: ROGO QUE NINGUÉN SE VOLVA A POÑER EN CONTACTO COMIGO A NON SER QUE SE ME PASE, QUE SON HUMANO, QUE ÁS VECES DIGO VAI RAÑALA, O CAL É USO DE LINGUAXE VULGAR, PERO Ó MEU PARECER NON É TAN INSULTO, ESPECIALMENTE REFERIDO A UNHA IP QUE FOI BLOQUEADA POR OUTRO ADMINISTRADOR SEN QUE ME DESE EU CONTA POR UN MES. POR CERTO, EU SÓ LLE DIRÍA VAI RAÑALA, POLO QUE DIXO ESA IP NON A TERÍA BLOQUEADO (E SON SINCERO COMO UN ENFERMO TERMINAL. CHAO[editar a fonte]

Mediante a presente, comunico tamén que deixarei de ser burócrata e administrador en Commons (deixarei caducar esa condición por inactividade), salvo a volta de Prevert e Xelo, e que non volverei rexistrarme aquí[editar a fonte]

alusións[editar a fonte]

Todo isto desde que comezou é a historia dun malentendido, e todos estamos destinados a ser malinterpretados. Só para que fique claro: Eu reaccionei à tua frase "golpe de estado". Nada mais. Levo en historias deste tipo desde que comecei no consello escolar hai unha eternidade e esta é a enésima guerra. Hai tempo que non participo, agora exerzo de imbécil apaga fogos. Se me dirixin a ti é por que, Prevert fora, pensei que eras o único que podia facer algo axudando a Miñato que era o que estaba criando un consenso ao seu redor (isto non despreza o traballo de ninguén, simplemente neste momento eu, que non dou unha, pensei que era a persoa). Non o conseguin. Sintoo Só pra explicarme. porque me pareceu mal "golpe de estado": porque iso era un ataque non a unha persoa (que repito que non me importan), se non ao proxecto, á posibilidade de que isto se fechase, se escollesen un par de administradores novos e todo para adiante. Pode que alguén quera dar un golpe de Estado, e que o acabe dando, non podo imaxinar un momento mellor. Ti podes impedilo. Eu só podo dicir que non contará comigo. Agora si que vou deixar de darche a lata. Espero topar contigo noutro proxecto e que nos vaia mellor. até sempre. --Emilio juanatey 01:14, 5 setembro 2007 (UTC)

Resposta——>
Agora si que son sincero dándoche as grazas. Non sei o que pasou co conflito ese ó que todos fan referencia e acabou coas dimisións. Non teño tempo para sabelo e ler todo o que hai que ler para sabelo. Nin me importa. Só me importa que perdemos colaboradores fundamentais. Non creo que Xelo se moleste se digo que Prevert ers crucial. Entre que non estea connosco e o meuconflito particular, a min, acabáronsecheme as ganas.--Lmbuga Commons - Galipedia 02:52, 5 setembro 2007 (UTC)

Ola, Lmbuga. Supoño que a estas alturas debes saber xa o que te aprezo. E por iso respecto fondamente todas as túas decisións, e esta tamén. Pero se entre todos conseguimos facer un pouco de calma, e remata por fin a treboada de agosto, veremos que todo aquel dano que, dunha maneira consciente ou inconsciente, un usuario quixo facerlle a esta Galipedia se está facendo realidade. E creo que non é xusto. Non é xusto principalmente por ti e por outros administradores, e tampouco é xusto pola Galipedia e polo país que hai detrás dela.

Non che vou pedir que reconsideres nada. Só que teñamos calma. E logo, en frío, haberá que tomar as decisións que haxa que tomar. E eu estarei onde cumpra pra apoiarte, porque estou en débeda contigo. Unha aperta. --Xabier Cid 01:34, 5 setembro 2007 (UTC)

Resposta——>
Quizais o acabe pensando. Eu son moi impulsivo, pero teño ganas de seguir coa novela que estaba escribindo e que desque entrei aquí non puiden continuar. Todo foi coller responsabilidades, ata quedar abafado.
Coincido contigo en que o proxecto é importante. Ante o proxecto eu síntome pouca cousa: son un ser común, mediocre. Sempre me gustou considerarme mediocre. Sempre considerei que na mediocridade se podería encontrar o verdadeiro heroe. Pero deixémonos de filosofías vitais. Salvo os últimos meses, en que estiven eu mal -e aínda neles- fixen máis do que podía por este proxecto...
...vou escribindo, e vou vendo que todo isto foi para min importante. Pero, por desgraza, o máis importante foi Prevert (descoñezo a súa identidade real), o meu Cicerone. Sen el cústame seguir, fáiseme difícil.
Eu non sirvo para dirixir, sirvo, e moito, para traballar en grupo. Teño ideas claras, pero preciso sentirme arroupado. Prevert era outra cousa. Naceu para liderar e, inda que eu moitas veces primaría outros quefaceres, como crear políticas para a elección de administradores, deixeime guiar e levar por el; pero deixeime levar porque eu así o decidín, porque estaba disposto a seguir os seus pasos ata o final, porque era a miña referencia.
Eu e el viamos que isto ía pasar. Só se adiantou un pouco. Pensabamos que podiamos deixar a galipedia cunha base sólida e democrática (oído o que se dixo, parece mentira). El dicía que tería que deixalo, pero que eu era diferente, que podería funcionar como guía. Non me sinto home para tanto,especialmente cando non se respecta nada (o traballo realizado parece merda cando a un non lle len o que escribe e tiran conclusións mirando por riba).
Vou deixar isto ata mañá. Quizais mañá ou pasado, ou ó seguinte, me sorprenda mirando se houbo vandalismos, perdendo horas seguindo a usuarios "torpes" ou teimudos e con enormes ganas de falarlles amablemente como sempre fixen.
Eu non son o salvador, nin sequera da Galipedia. Son un ser común, estou orgulloso de ser o pouco que son. Non me sinto máis ca outros; por iso pensei que nun proxecto coma este tería cabida: todos iguais, pero non é así, son un imbécil idealista.
Grazas polas túas palabras, danme ánimos, inda que non sei para qué. Gustaríame seguir, pero se moralmente non teño cabida, se eticamente non teño cabida, non compensa nada. Nada de nada. Grazas --Lmbuga Commons - User talk:Lmbuga

Prégolle de de baixa o meu usuario[editar a fonte]

Prégolle como administrador e burócrata da Galipedia que dé de baixa o meu usuario. Ao mesmo tempo prégolle que perdoe calquera ofensa que teña sentido fixen contra vostede. Só quero recordarlle que eu lle din unha motivación polo que creía acentuaba os problemas iniciais do mes de agosto e que vostede cando chegou mandoume un correo electrónico pedíndolle a miña visión dos feitos. fixen mal en non contestarlle privadamente pero rógolle tente entender o que me levou a contestarlle públicamente, ofendendoo con elo, pero recorde que ao mesmo tempo unha das primeiras cousas que fixo foi preguntarlle a un dos implicados Maañón que pretendía destruindo e despois o da ip. A miña intención foi mostrar que a administración tiña coerencia e que se se trabucaba correxía os seus erros. Vostede así o fixo e creo que inda que simbólico foi un xesto moi valioso.

Tente tratar de entender que desde o día 22 de agosto, por causas axenas a mín vinme obrigado a cambiar o meu xeito de actuar. As causas dí non querer entendelas e non importarlle, que son pasado. Como administrador eu creía que era a súa obriga. Pero non son quen de obrigar a nadie.

A democratización da Galipedia é moi difícil se os que a crearon son excluidos ou se exclúen desde o inicio. Nunca foi a miña teima acelerar este proceso, (só consideraba que era un dos puntos febles do proxecto cara ao novo editor que comeza a coñecer o proxecto, a inseguridade que a falta de información ao respecto poidese provocar, pero entendín que había demasiadas prioridades e esa non era das máis urxentes). A miña teima consistíu en pedir e logo exisir de malos modos unha coerencia na dirección e a asunción de cada un dos seus propios erros. Xa a deixo. Sei que o que fixen antes destes últimos días, o meu historial, non serve para tapar o que provocou o meu cambio nas formas de actuar. Reitérolle que foi unha cuestión de obriga persoal que dóeme non quera analizar, como a vostede lle doe que o tratase como alguén implicado nun asunto non que non tivo nada, absolutamente nada que ver. Espero que vostede e Miñato se replantexen non abandoar. No caso de Xelo non sei se voltará, ao mellor como ip, tentando non chamar a atención, e haber se co tempo volta de novo a algo que construíu con todos vós. No caso de Prevert sei que non vai poder desvincularse do proxecto, ten deixado nel demasiadas horas, esperanzas, dores de cabeza, malos e bos momentos, e o proxecto forma parte del mesmo e viceversa, polo que espero que co tempo volte a incorporarse como antes de todo esto e que, mentres tanto siga a ensinar aos novos administradores en que consisten esas obrigas.

Reitero as miñas desculpas e prégolle de novo como administrador e burócrata que é da Galipedia, xa que non solicitou en Metawiki que lle retirasen os dereitos e alégrome moito delo, o borrado do meu usuario. Pola miña parte procedo ao borrado da miña páxina de usuario para evitar máis repercusións entre as persoas e só decirlle que se fai nove meses só intuira algo semellante ao sucedido nestes 15 días nin tolo entraría a emporcar o traballo e a boa fe de motísima xente que colaborou aquí. Deixo xa de danar. Pedirei no taboeiro de administradores a solicitude da baixa do meu usuario tentando frear este proceso, e para que non recaia só sobre vostede esta obriga. Sen máis. Lansbricae (Ti dirás) 07:38, 5 setembro 2007 (UTC)