Conversa usuario:Jmmourem

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Benvido/a á Galipedia Jmmourem e grazas por cargar a imaxe da fonte do antigo Campo de Feira de Chantada. Aínda que sería preciso que engádises algunha información máis sobre a foto, en Wikipedia:Política de uso de imaxes e Wikipedia:Marcadores de licenza de imaxe fálase dos datos que hai que engadir. Se che parece complicado o que se amosa na páxina podes recurrir a nós para axudarche, en resumo o que fai falta saber é a licenza de uso da imaxe (que usos se lle poden dar a imaxe) e a orixe (se eres ti o autor). Toda a axuda nova e moi apreciada pola comunidade da wikipedia galega e esperamos que disfrutes colaborando con este proxecto. Podes establecer contacto cos outros usuarios nas diversas seccións da Taberna ou nas súas páxinas de discusión. Tes información sobre o funcionamento da wikipedia galega en Wikipedia:Axuda, Wikipedia:Política e normas e no Portal da comunidade. Para calquera cousa que nós necesites aí nos tes. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 16:19, 13 outubro 2005 (UTC)

Sobre a imaxe de Chantada[editar a fonte]

Se a foto a fixeches tí, telo moi sinxelo: A licenza é a que tí queiras. O máis normal sería que elexises entre a Creative Commons e a GFDL. Un saúdo --Alyssalover(fálame) 14:53, 15 outubro 2005 (UTC)

  • Xa respondeu Alyssalover pero vou engadir algúns datos máis. A licenza o que indica é o uso que se lle pode dar á fotografia. Por exemplo Creative Commons dispón dunha serie de licenzas para permitir que os usuarios utilicen as imaxes ou textos dependendo do que o autor permita, só algunha delas é compatible coa Wikipedia, a citada arriba di (referíndose ao que se permite facer coa foto):
"Vostede é libre de:
  • copiar, distribuír e comunicar publicamente a obra
  • facer obras derivadas
  • facer un uso comercial desta obra"
No caso da licenza GFDL (a mesma licenza que os textos da wikipedia) di que a fotografía pode usarse facendo mención da autoría e incluindo a reprodución da licenza, no caso do web basta cun enlace á propia licenza. Para reproducir a foto nun medio en papel esta licenza é menos apropiada ca anterior que non necesita do requisito de reproducir a licenza. Ademáis da licenza resulta apropiado incluir unha caixa coa información do autor, cando foi feita a foto e calquer outro dato útil. Para iso podemos axudarche nós, ti só inclúe os datos e logo nós xa o poñemos no modelo que usamos sempre. Retomando o tema da licenza na páxina de descrición da imaxe inclúes o seguinte {{GFDL}} ou {{Cc-by-sa-2.1-es}} segundo a solución que escollas (a versión da licenza Creative Commons que temos é a 2.1 pero xa sacaron a 2.5, aínda non a temos traducida, se escolles esa mellor indica que ademáis que aceptas a licenza 2.5). Este tema ás veces é un pouco complicado se necesitas máis aclaracións deixanos unha mensaxe. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 16:56, 15 outubro 2005 (UTC)