Conversa usuario:Fryant/Proposta de criterios para Artigos Destacados

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A min gustaríame, particularmente como lector, que os artigos destacados fosen ademais:

  • algo máis ca traducións de bos artigos da wikipedia inglesa, española ou portuguesa
  • servisen para recompensar os traballos máis enciclopédicos, é dicir, máis relacionantes, que permitan un maior uso da Galipedia en sentido horizontal e non tanto en vertical. A idea sería destacar máis un artigo sobre liberdade ca unha biografía de castelao, por poñer exemplos que nin sequera consultei.

Tamén creo que deberiamos esforzarnos por ampliar a Galipedia a partir deses artigos destacados, é dicir, facer un esforzo conxunto e tentar que os artigos destacados non teñan demasiadas ligazóns en vermello.--Xabier Cid 07:06, 1 maio 2007 (UTC)

Concordo en que deben ser algo mais que meras traducións e acepto o valor horizontal frente ao vertical aínda que iso multiplica a dificultade do artigo. Un valor engadido dun artigo, ao meu entender, debería ser a vinculación do tema a tratar coa particularidade galega. Por poñer un exemplo un artigo sobre arquitectura románica ou Arte románica debería ser mais valorado se nel se usasen exemplos de imaxes ou monumentos galegos en troques de usar os que xa usaron no artigo de referencia. En definitiva tratar de primar o valor enciclopédico da galipedia frente o xa demostrado valor normalizador da nosa lingua. No canto da linguaxe usada creo que os usuarios cun maior dominio do noso idioma deberían dar un paso adiante e non se conformar con facer correción linguisticas básicas e atreverse a facer mais modificacións de sintaxe ou estilo, xa que moitos editores carecemos de os coñecementos suficientes en moitos casos e íso axudaría a mellorar a nosa forma de expresión sen menoscabo da aportación do primeiro ou principal editor. Lansbricae (Ti dirás) 11:46, 1 maio 2007 (UTC)

Estou de acordo en que os nosos artigos destacados teñén que ser máis ca traducións, pero pensa en que ás veces os artigos orixinais nesas linguas son tan sumamento bós e completos que non lle fai falla absolutamente ren, e eses artigos non se deben descartar como artigos destacados nosos se a tradución é correcta simplemente porque ningún do proxecto galego lle aportou nada. No das ligazóns en vermello si que estou de acordo, aínda que non debería ser algo descalificante para a promoción do artigo.
En canto ó sentido vertical, non estou de acordo, xa que tampoco temos tantos colaboradores como para poder excluír tipos de artigos determinados. Tampouco estou de acordo en darlle prioridade ós artigos relacionados con Galicia alén da sección da Portada, sinxelamente porque creo que estamos a facer unha enciclopedia en galego e localizada en Galiza, non unha enciclopedia sobre Galiza, o que non quita que se se pode, se usen exemplos galegos nos artigos, por suposto--Fryant 19:33, 2 maio 2007 (UTC)
  • Entendo o que dis, e polo que entendo creo que o que estamos a falar serían criterios secundarios a ter en conta, e que cada un co seu voto pode valorar e preferenciar como considere, xa que non serían excluíntes para a súa proposta ou aceptación definitiva. Creo que a política debería quedar así, cuns criterios básicos de obrigatorio cumprimento como os perfilados na túa proposta. Só queda logo esperar máis aportacións e promover á súa votación cando o consideres. Unha vez fose aprobado quedaría pendente o tema da elección do Director de Artigos destacados. Bo traballo que leva moito tempo aparcado. Parabéns. Lansbricae (Ti dirás) 15:01, 16 setembro 2007 (UTC)

criterios: depende dos obxectivos que pretendamos co destaque[editar a fonte]

Fryant, parabens sinceros pola proposta, que conta tanto cos criterios obxectivos para xulgar como o proceso de decision. Coido que, ademais dos 7 criterios "exluíntes" que mencionas (é dicir, o minimo que debe cumplir para ser artigocandidato), deberiase engadir unha seccion de criterios concluíntes. Explicome: aqueles que nos permiten escoller entre varios que pasan o filtro das condicions "excluintes". ¿que criterios "concluintes"? iso depende dos obxectivos que se pretendan, e finalmente cadaquen co seu voto terá a ultima palabra, pero asi e todo, é importante o dos obsectivos que pretendamos, asi a priori:

  • 1)motivar aos editores (lembremonos: persoas, persoas, persoas, e logo proxecto, proxecto, proxecto)
  • 2)fomentar a calidade da wikipedia
    • 2.1) artigos que aporten valor engadido (por exemplo: informacion veraz que non se atopa noutras wikis)
    • 2.2) boas traducions doutras wikis: tan importante como o 2.1, non hai que ter complexo en traducir. É mais: non sendo a wikipedia fonte primaria, ou ben se recolleu doutra wiki ou ben é un refrito (mental ou textual) de informacion obtida doutras canles.
    • 2.3)darlle un pulo á inclusion de referencias (por exemplo, se isto se considera importante)

Os anteriores son soamente exemplos, pero coido que seria bon reflectilos (case) todos, pois logo, á hora de votar, poderiase dar razons en base a tales obxectivos. Todo isto levanos aos obxectivos da galipedia: pero se non temos obxectivos!!. Coido que definir obxectivos a curto/medio prazo é fundamental. poreino noutra paxina, non me quero sair aqui do tema.--Maañón 15:25, 16 setembro 2007 (UTC)