Conversa usuario:FS199

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dámosche a benvida á Galipedia, FS199!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto das persoas que editamos na Galipedia na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe doutra persoa tes que facelo na súa páxina de conversa, se non, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outra persoa. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --Chairego apc (conversa) 1 de febreiro de 2022 ás 19:49 (UTC)[responder]

Tradución dos modelos de citas[editar a fonte]

Ola! Grazas por traducir esta biografía Usuario:FS199/María Teresa Arredondo Waldmeyer. Como podes ver na parte de notas, as referencias presentan bastantes erros en vermello. A razón é que hai que editar manualmente cada cita para encher os campos, desta maneira estaremos a meter os campos coa súa denominación en galego. Por eso dan erro fecha, que debería ser data; fechaacceso, que debería ser data de acceso etc. A miña suxerencia é que ben:

1.As edites manualmente no editor visual. Primeira opción, entrando a editar cada unha e escollendo os campos adecuados (aparecerá un listado dos que podes necesitar premendo en "máis información" unha vez que entres a editar a referencia. É importante tamén borrar os títulos de campos que aparezan en castelán. Por exemplo, se ves un campo fecha, primeiro engadirías un campo data e porías a data correspondente nel e a continuación irías a escribir no campo fecha. Cando poñas o cursor aí xa vas ver a icona da papeleira que che permitirá borrar o campo fecha.

2. Que te axudes dun bloc de notas, como se suxeriu na sesión presencial e insiras unha nova cita ao lado de cada unha das que agora aparecen. Encherías os campos necesarios e, unha vez que xa está inserida (gardar publicación), vaias a primeira (seguirá tendo avisos en vermello), a selecciones e lle deas ao botón suprimir para que desapareza esa cita con campos en castelán que xa non necesitas.

Se tes moita dificultade, avisame ao correo premendo aquí e cámbioas eu.

Saúdos.-- FormacionWiki (conversa) 22 de febreiro de 2022 ás 21:59 (UTC)[responder]