Conversa usuario:Eustaquio Ramírez Ortelo

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dámosche a benvida á Galipedia, Eustaquio Ramírez Ortelo!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto das persoas que editamos na Galipedia na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe doutra persoa tes que facelo na súa páxina de conversa, se non, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outra persoa. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --RubenWGA (conversa) 22 de febreiro de 2022 ás 12:45 (UTC)[responder]

Ola! vin que tiveches un problema para que che saísen as referencias na sección notas. Boa solución a de teclealas de novo a man. O tema é que seguen a aparecer no fondo da páxina. Revisa o historial de edicións, porque vou arranxalo. Para que nos saian as referencias debaixo da sección notas hai que inserir unha lista de referencias (debería incorporarse dende a ferramenta de tradución, pero non foi o caso). Para facelo co editor visual hai que premer no menú "inserir" e tamén no despregable "máis". Á fin da lista veras unha icona en forma de libriños que pon "Lista de referencias", ao insertala xa a vas poder ver antes de gardar, sombreada en azul. Gardamos os cambios e listo. Polo momento deixoche debaixo as notas que tecleaches a man por se precisas revisalas. Logo con unha das listas (a que aparece coas fontes en pequeniño) abonda, polo que podes borrar a outra. Un saúdo.-- FormacionWiki (conversa) 22 de febreiro de 2022 ás 21:16 (UTC)[responder]

Mover biografía ao espazo principal[editar a fonte]

Boa tarde. Veño de mover a páxina indicada ao espazo principal, podes consultala aquí:

*Ruth R._Benerito

Tamén solicitei o borrado da subpáxina na que estiveches a traballar, xa que, unha vez movidos os contidos só contén unha redirección e esta debe ser eliminada segundo as normas da Galipedia. É por esa razón que atoparas un aviso de borrado nela. En canto unha persoa da administración a borre a seguinte ligazón deixará de existir:

*Usuario:Eustaquio Ramírez Ortelo/Ruth R._Benerito

Voulle poñer un marcador en uso á biografía por se queres facer algún cambio máis. Onte fixen algunhas correccións; están explicadas nos resumos de edición do historial da páxina. Escríboche copia desta mensaxe na túa páxina de conversa por se non consultases o correo.

Para calquera consulta non dubides en escribir novamente.

Un saúdo

FormacionWiki (conversa) 9 de marzo de 2022 ás 19:57 (UTC)[responder]