Conversa usuario:El Mexicano
Benvido(a) á Galipedia, El Mexicano!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
|
|
Boa estadía e bo traballo. --Paradanta (Cóntame) 17:46, 5 de agosto de 2011 (UTC)
véxa-lo ceo
[editar a fonte]Ola, a forma do verbo é vexas, pero cando lle segue (entre outros elementos) un artigo, pode escribirse vexas o ceo ou véxa-lo ceo. Hoxe prímase a primeira das versións ao escribir e a segunda prefírese menos, se ben na pronunciación o -s de vexas desaparece e o artigo o transfórmase en -lo (a chamada segunda forma do artigo). Tes máis información aquí: [1] --Servando2 (Dime) 17:54, 5 de agosto de 2011 (UTC)
Estomballada
[editar a fonte]Ya lo tienes traducido, en la misma página en la que copiaste el texto. Saludos, Pedro --Lameiro (conversa) 20:30, 8 de setembro de 2012 (UTC)
Eu queríame casare...
[editar a fonte]Bos días. Ese e final dos infinitivos e outras formas chámase e paragóxico. Resulta bastante común no galego e parece que cumpre unha función de facilitar a rima. Podes lelo aquí. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 11:10, 9 de setembro de 2012 (UTC)