Conversa usuario:Daniela.ciociola

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dámosche a benvida á Galipedia, Daniela.ciociola!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto das persoas que editamos na Galipedia na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe doutra persoa tes que facelo na súa páxina de conversa, se non, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outra persoa. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --RubenWGA (conversa) 5 de febreiro de 2022 ás 16:10 (UTC)[responder]

Mover ao espazo principal[editar a fonte]

Ola! Vexo que publicaches agora a biografía no espazo principal. Non sei se é un erro ou é que xa remataches (enviaches o pdf polo campus virtual) e queres que xa quede publicada, porque antes xa a traballaras na subpáxina. Se non era esa a túa intención, indícamo aquí respondendo a esta mensaxe. Tamén podes escribirme un correo premendo aquí Un saúdo.-- FormacionWiki (conversa) 23 de febreiro de 2022 ás 16:22 (UTC)[responder]

Boas, non recibín ningunha resposta á consulta que che formulei na túa páxina de conversa (igual non a viches). Como che indicaba, publicaches dúas versións da biografía, a primeira ben, publicando como borrador e unha segunda na que esqueciches marcar "publicar como borrador". Desta volta copiarei este texto na resposta do correo recibido o 16 mar 2022, 14:28 h, no que indicas "envío este correo para solicitar mover mi página de galipedia (Biografía realizada para la asignatura de física) al espacio principal (Biografia de Georgeanne R. Caughlan)".
Vin que as modificacións máis recentes as fixeches na biografía publicada na subpáxina de usuario/a, na que consta a última edición coa data 17 de marzo de 2022 ás 22:15‎, pero preciso que un administrador borre a páxina do espazo principal primeiro, polo que verás nesta un marcador de borrado. Non te preocupes, logo diso moveranse os contidos nos que estiveches a traballar máis recentemente. A partir deste movemento a páxina seguirá ampliándose coas contribucións doutras persoas. Parabéns polo teu traballo!
Moitas grazas por animarte a colaborar coa Galipedia, e en concreto co Wikiproxecto mulleres, nado para combater a fenda de contidos na Wikipedia. Na páxina do proxecto atoparás máis datos e suxestións de biografías a crear, por se te animas a continuar. FormacionWiki (conversa) 17 de marzo de 2022 ás 22:27 (UTC)[responder]