Conversa usuario:Chairego apc/Galego - Lombard

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Ola! Sei que é tarde para propoñer artigos, pero tería estado ben incluir na lista algún músico destacado (temos dous artigos de calidade: Manuel Quiroga Losada e Carlos López García-Picos), e algún artigo relacionado co deporte (o Hockey Club Liceo da Coruña é un dos mellores clubs a nivel mundial na súa modalidade -que por certo tivo e ten equipos importantes en Lombardía como o Amatori Lodi, Hockey Club Monza, Seregno Hockey, etc- e que non ten artigo nesa Wikipedia), tamén Xavier Gómez Noya... Se cadra estaría ben redactar entre todos unha lista dos artigos que toda Wikipedia debería ter sobre Galiza. Un saúdo!! Piquito (conversa) 19 de abril de 2016 ás 17:03 (UTC)[responder]