Conversa usuario:Carlos Abal Cerviño
Dámosche a benvida á Galipedia, Carlos Abal Cerviño!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
Primeiros pasos
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente. Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto das persoas que editamos na Galipedia na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
|
Recomendacións
Cometiches un erro?
|
Boa estadía e bo traballo..--FormacionWiki (conversa) 19 de febreiro de 2022 ás 17:11 (UTC)
Ana Payo Payo[editar a fonte]
Parabéns polo teu traballo na biografía de Ana Payo Payo. Todas as referencias do artigo orixinal están integradas, segues o libro de estilo da Galipedia e engadiches categorías relevantes e presentes na Galipedia. Moi ben! Como verás o artigo ten agora un marcador de aviso que indica que o artigo non está relacionado con ningún outro. É dicir que, á marxe do proxecto pedagóxico, ningunha outra páxina do espazo principal apunta a esta biografía. Este aviso axúdanos á comunidade a ir creando artigos ou listas que fornezan un contexto que permita ligar unhas páxinas con outras.
Moitas grazas por animarte a colaborar coa Galipedia, e en concreto co Wikiproxecto mulleres, nado para combater a fenda de contidos na Wikipedia. Na páxina do proxecto atoparás máis datos e suxestións de biografías a crear, por se te animas a continuar. FormacionWiki (conversa) 15 de marzo de 2022 ás 22:34 (UTC)