Conversa usuario:Candelaseoane

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dámosche a benvida á Galipedia, Candelaseoane!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto das persoas que editamos na Galipedia na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe doutra persoa tes que facelo na súa páxina de conversa, se non, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outra persoa. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo..--FormacionWiki (conversa) 21 de febreiro de 2022 ás 19:05 (UTC)[responder]

Biografía movida a supáxina de usuario[editar a fonte]

Ola! grazas polo teu traballo de tradución. A biografía había que publicala como borrador escollendo esta opción nos parámetros de publicación da ferramenta de tradución. Por esta razón veño de movela. Podes seguir traballando aquí:

Un saúdo.----FormacionWiki (conversa) 21 de febreiro de 2022 ás 21:33 (UTC)[responder]

Erros de código[editar a fonte]

Ola! vexo que volviches publicar a biografía (como borrador, moi ben) e que saen erros nos códigos das referencias. Vou arranxalos para que poidas seguir traballando. É recomendable editar todas as citas manualmente, xa sexa na ferramenta de tradución ou ben na túa subpáxina unha vez publicada, xa que os campos deben ser traducidos--> title pasaría a título (mantendo o contido do título orixinal), date a data (cambiando o nome dos meses polos meses en galego) etc. Por favor, se estás a editar nestes momentos na Galipedia garda o traballo o antes posible para que non che cree un conflito de edición mentres corrixo eses erros. Graciñas!-- FormacionWiki (conversa) 21 de febreiro de 2022 ás 22:05 (UTC)[responder]

Xa rematei. Tes que incluír o título en cada cita, xa que lles faltaba a moitas en orixe. Podes seguir as ligazóns para averiguar cal era en cada caso. Un saúdo.-- FormacionWiki (conversa) 21 de febreiro de 2022 ás 22:15 (UTC)[responder]