Saltar ao contido

Conversa usuario:Bretoña

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Ola, Bretoña. O artigo que creaches, chamado Fernando Villapol, foi proposto para o seu borrado. Podes consultar a conversa nesta páxina: Wikipedia:Votacións_para_borrar/Fernando_Villapol. Un saúdo.--Xabier Cid Conversa 19:07, 31 outubro 2008 (UTC)

Re: artigo FERNANDO VILLAPOL[editar a fonte]

Bos días Bretoña. Marquei o artigo Fernando Villapol coa mensaxe que vostede comenta non porque nese momento fixera unha valoración da relevancia da persoa suxeito desa entrada, sexa vostede mesmo ou unha persoa achegada. Tería marcado do mesmo xeito un artigo que fose creado por un premio Nobel vivo feito nas mesmas circunstancias. Se o artigo ten que estar na Galipedia ten que ser creado por un usuario con historial de edicións neste wiki sen relación coa persoa en cuestión, polo tanto se unha persoa viva ten méritos dabondo para ter unha entrada enciclopédica nalgún momento pode chegar a ter unha entrada aquí, sempre que a creación do artigo sexa lexítima mesmo no caso dun usuario de vello neste proxecto. A Wikipedia non é un medio de promoción, por iso entradas que son creadas por usuarios rexistrados ex-profeso ou enderezos IP entran en contradición coas regras do proxecto cando se refiren a persoas vivas. Vostede menciona que o devandito artigo tamén existe na Wikipedia en inglés e na Wikipedia en español e chegou aquí vía tradución. No momento en que marquei o artigo xa tiña comprobado que as versións en inglés e en castelán existían e que procedemento de creación era igualmente ilexítimo. Debo dicirlle que se neses wikis detectan os problemas dos que aquí falamos o destino do artigo é moi posible que sexa o mesmo. O que ocorre é que polo tamaño do wiki aquí é moito máis sinxelo descubrir os artigos que presentan este tipo de problemas. Un cordial saúdo. --Prevertgl 13:41, 1 novembro 2008 (UTC)