Conversa usuario:Axudamos

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Ola Axudamos. Benvido á Galipedia.

Unha cousiña. Na redacción dos artigos tenta evitar expresións coma "actualmente" ou "na actualidade". Cando é actualmente?

Mellor emprega "no ano 2012 ocorría tal cousa...", por exemplo. Redactando sempre en pasado, inda que esteamos no 2012.

Un saúdo e a seguir. --. HombreDHojalata.conversa 08:06, 11 de marzo de 2012 (UTC)

Permíteme insistir. --. HombreDHojalata.conversa 11:03, 19 de marzo de 2012 (UTC)

Ola, por favor, non volvas substituír todo o contido dun artigo por unha redirección. Pérdese o historial.

Hai que facelo coa opción mover. Grazas. --. HombreDHojalata.conversa 17:29, 19 de marzo de 2012 (UTC)

Referencias[editar a fonte]

Ola de novo, Axudamos.

Por favor, tenta achegar referencias coa información que achegas. Bótalle un ollo a Wikipedia:Verificabilidade.

Un saúdo. --. HombreDHojalata.conversa 15:20, 18 de abril de 2012 (UTC)

Marcadores de bandeira[editar a fonte]

Ola Axudamos, vin que no artigo FORTA tentaches meter un modelo para incluír bandeiras, pois ben, o que utilizamos na Galipedia son os Marcadores de bandeira. Para ver unha listaxe de todos os que hai, preme aquí. Saúdos. --JaviP96 5 de maio de 2013 ás 17:16 (UTC)[responder]

Punto de vista neutral[editar a fonte]

Por favor, non engadas comentarios ou valoracións persoais aos artigos da Wikipedia, como fixeches en "Televisión de Galicia". Se o fas, estás a incumprir a política de obxectividade da Wikipedia, rompendo o ton formal que se agarda dunha enciclopedia. Grazas. --Toliño Fala aquí comigo 2 de agosto de 2013 ás 11:50 (UTC)[responder]

Asina as mensaxes nas páxinas de conversa[editar a fonte]

Ola Axudamos. Por favor, asina as túas mensaxes nas páxinas de conversa.

Asina as mensaxes nas páxinas de conversa.
Asina as mensaxes nas páxinas de conversa.

Graciñas, un saúdo e a seguir!. HombreDHojalata.conversa 30 de xaneiro de 2014 ás 05:44 (UTC)[responder]

Puxen en dúbida na conversa deste artigo tiña sentido nunha enciclopedia e outros tres editores máis concordaron coa falta de contido enciclopédico, fronte a un que opinaba o contrario. Por tal motivo procedín ó borrado. O feito de que comunique Vigo co aeroporto é irrelevante respecto ó interese na Galipedia, e que aparezan páxinas semellantes noutras wikipedias -se ti o dis será verdade- tampouco é criterio para a nosa. Cada wikipedia segue os seus propios criterios. Por certo, lembra asinar os teus comentarios tal como che dixo HombreDHojalata. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 30 de xaneiro de 2014 ás 22:10 (UTC)[responder]

Boas, o artigo Boing, que creaches ti, ten o marcador de curto de máis, a ver se podes amplialo un pouco máis. Saúdos, RubenWGA (conversa) 18 de novembro de 2021 ás 16:52 (UTC)[responder]