Conversa usuario:Angela.l.d

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Ola, Ángela.l.d., que tal? Benvida á Galipedia. Tiven que borrar o artigo que creaches na túa páxina de usuario sobre a biomasa porque o copiaches da Kalipedia. A Kalipedia é unha enciclopedia en internet propiedade do grupo Prisa; os seus contidos están suxeitos a copyright (©), e polo tanto, teñen un dono e para utilizalos habería que pedir un permiso e pagar unha cantidade de diñeiro. Por iso non se poden usar eses contidos na Galipedia nin en ningún outro proxecto wikipedia.

Non te preocupes, porque erros ao empezar cometemos todos. Se tes algunha dúbida pregúntame a min ou a calquera outro usuario da Galipedia. Un saúdo. --Xabier Cid Conversa 18:03, 27 febreiro 2009 (UTC)