Conversa usuario:91.117.54.242
Ola! Na wikipedia non se pode facer autopromoción nin realizar autobiografías, xa que vai contra as normas do proxecto, xa que choca de fronte contra o Punto de vista neutral, e contra a wikipedia non é unha fonte primaria. Podes colaborar na Galipedia aportando os teus coñecementos ós artigos, corrixindo, ampliando información... mais non facendo autopromoción. Un saúdo. AlberteSi, digame? 13:52, 11 xuño 2008 (UTC)
Ola ip, este é un dos problemas das ips, que son dinámicas e a veces coinciden varios usuarios cunha mesma ip. Posiblemente mesmo sexa unha computadora compartida, mais o que é certo é que eu non falei de edicións no artigo Xil Ríos, senón que a ip coa que asinaches na miña conversa fixo estas aportacións: Especial:Contributions/91.117.54.242. Entón a mensaxe que enviara hai uns días foi por unhas edicións no artigo Benigno Álvarez, que de seguro non ten nada que ver con nada que fixeches. Un saúdo. AlberteSi, digame? 23:36, 24 xuño 2008 (UTC)
Esta é a páxina de conversa dun usuario anónimo que aínda non creou unha conta ou que non a usa. Polo tanto, emprégase o enderezo IP para a súa identificación. Este enderezo IP pódeno compartir varios usuarios distintos. Se pensa que foron dirixidos contra a súa persoa comentarios inadecuados, por favor, cree unha conta ou acceda ao sistema para evitar futuras confusións con outros usuarios anónimos. |