Conversa usuario:88.7.117.228

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Ola, IP 88.7.117.228. Benvido á Galipedia. Estás a incorporar contidos sobre Murcia, algo que é moi interesante, pero estalo facendo en base a traducións automáticas. Cadaquén pode facelo como queira, pero o sistema de traducións automáticas ten, entr outros problemas:

  • Non respecta o sistema de ligazóns da Galipedia, que pode coincidir, ou non coa doutras wikipedias. Por exemplo, os topónimos en gl.wp escríbense Cidade, País e na es.wp escríbense Cidade (País).
  • Traduce topónimos que non debe traducir.
  • Traduce nomes propios de persoa que non debe traducir.
  • incorpora datos que non son relevantes para a gl.wp e deixa fóra outros que si o son ou o poden ser.
  • toma como exemplos ou referencias cousas que pertencen a outros sistemas lingüísticos.

Moitas veces, o emprego de traducións automáticas non coidadas é sumamente latoso, porque leva máis tempo amañar os contidos, ligazóns e erros de tradución, có tempo que á primeira persoa lle levou traducilos. Nese caso os artigos bórranse automaticamente, como pasou con Mar Menor. Ademais, debes indicar no campo resumo que eses contidos que estás traducindo veñen de algures (neste caso de [[:es:Mar Menor]], para respectar as licenzas da wikipedia. Para calquera dúbida que teñas, podes preguntarme a min ou a calquera outro usuario da Galipedia. Por outra parte, se te rexistras como usuario fará estas comunicacións máis cómodas. Un saúdo. --Xabier Cid Conversa 14:18, 7 febreiro 2009 (UTC)