Conversa usuario:87.235.123.5

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Creo que hai un problema de descoñecemento, para empezar se es ti a persoa sobra a que trata o artigo non o podes editar directamente pero podes comentar calquera erro na páxina de conversa, segundo para borrar o dato fai falta unha referencia externa que amose o erro, ti podes afirmar que é un erro pero como podemos comprobar nós que realmente o dato está errado?. Espero que comprendas o proceder que tivemos ata o de agora. Saúdos e anímote a colaborar.--Cheluco 11:56, 26 de decembro de 2010 (UTC)

  • Ola Alejandra, como che di aí atrás o usuario Cheluco, non está permitido que ningún edite o seu propio artigo nin aqueles nos que teña un vínculo de relevancia. Isto vale para o teu caso, para o meu e para o do señor Obama se algún día lle dá por editar na Wikipedia. Telo todo nas normas e políticas. Por outra banda, se facilitas unha data distinta da que se dá nesa páxina, cambiámola axiña, pero ten que vir referenciada, claro, e nos poder comprobar esa veracidade. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 20:02, 26 de decembro de 2010 (UTC)