Conversa usuario:83.49.96.7

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido(a) 83.49.96.7 á Galipedia

Ola, usuario anónimo. Grazas pola túa axuda. Agradeceríache que te rexistrases porque ten moitas vantaxes (por exemplo, poder facer uso do revisor ortográfico). Só tes que escribir un nome e un contrasinal. Podes, se o desexas, indicar o teu correo electrónico (é optativo). A túa identidade real queda sempre salvagardada, pero, ao teres nome, podemos recoñecerte e falar contigo. Para rexistrarte preme nesta ligazón: Rexistro, ou le primeiro, se o desexas, Axuda:Rexistro.

Ao te rexistrares, terás á túa disposición unha páxina de usuario (na que podes colocar os teus datos) e unha páxina de conversa, na cal escribiremos para nos poñermos en contacto contigo.

Unha vez rexistrado, así que fagas a primeira colaboración na Galipedia, procederemos a darche a benvida.

Se tes dúbidas, podes consultar:

Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente. Tamén podes poñerte en contacto comigo ou con outros usuarios seguindo o procedemento expresado en Como contactar con outros usuarios.

Non dubides en contactar connosco cando desexares. Un cordial saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 16:06, 17 de febreiro de 2011 (UTC)

Modelo:Lp Ansemil, Celanova[editar a fonte]

Benvido á Wikipedia. Quizais non fose a túa intención, pero algunha das túas edicións recentes eliminou contidos de "Modelo:Lp Ansemil, Celanova". Se retiras contidos, especifica o motivo no resumo de edición e abre un fío de debate na páxina de conversa sobre as edicións que poidan ser controvertidas. Se cometiches un erro, non te preocupes: xa recuperaron o texto como poderás ollar no historial da páxina. Pásate pola páxina de benvida para aprender máis sobre como colaborar nesta enciclopedia, e se o que queres é experimentar, usa a zona de probas. Grazas. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 16:06, 17 de febreiro de 2011 (UTC)

Aínda que ti o saibas por vivir alí, nós precisamos comprobar que o que dis é certo, por iso cando se fai unha mudanza desa natureza é obrigado referencialo, o que temos é o noménclator da Xunta que indica que hai cinco lugares en Ansemil [1], e a non ser que achegues algo que o contradiga ese é o dato que ha tomar a Galipedia, xa sei que pode custar entendelo se ti vives alí e sabes que son seis lugares os que realmente hai--Cheluco 16:10, 17 de febreiro de 2011 (UTC)

Modelo lugares de Ansemil[editar a fonte]

Tendes que perdonar pero son novo nisto. Eu simplemente tratei de correxir o erro dos lugares de Ansemil e poñer algo de informacion sobre a miña parroquia. Vou a ver se me rexistro xa que creo que poderia votar unha man cos temas relacionados co meu concello (Celanova) e as suas parroquias asi como cos personasxes famosos da zona. A razon dos lugares da parroquia de Ansemil, eu entendo que vos fiedes do que di a Xunta mais a situacion aqui e diferente. Polo nome Ansemil coñecese a parroquia enteira e por iso cambiei o nome de Ansemil por Casetas de Ansemil que asi e como se chama a aldea a que creo que se intenta referir a Xunta. Eu teño unha casa en Casetas de Ansemil e sei perfectamente que algunhas cartas veñen coa direcion de Ansemil e non de Casetas de Ansemil mais se non fose porque a carteira coñece a todos os veciños non poderia saber a que aldea se refiren. Non sei que clase de proba se precisa para rectificar este erro... ¿Valeria unha foto do cartel de comenzo do pobo? ¿Ou a direccion do taller mecanico que hai na aldea (se buscades nas paxinas amarelas taller peaguda en Celanova apareceravos ou Caseta ou Casetas de Ansemil)? Non sei vos me diredes... Un saudo e moitas gracias por aconsellarme.