Conversa usuario:83.49.12.131

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido(a) 83.49.12.131 á Galipedia

Ola, usuario anónimo. Grazas pola túa axuda. Agradeceríache que te rexistrases porque ten moitas vantaxes (por exemplo, poder facer uso do revisor ortográfico). Só tes que escribir un nome e un contrasinal. Podes, se o desexas, indicar o teu correo electrónico (é optativo). A túa identidade real queda sempre salvagardada, pero, ao teres nome, podemos recoñecerte e falar contigo. Para rexistrarte preme nesta ligazón: Rexistro, ou le primeiro, se o desexas, Axuda:Rexistro.

Ao te rexistrares, terás á túa disposición unha páxina de usuario (na que podes colocar os teus datos) e unha páxina de conversa, na cal escribiremos para nos poñermos en contacto contigo.

Unha vez rexistrado, así que fagas a primeira colaboración na Galipedia, procederemos a darche a benvida.

Se tes dúbidas, podes consultar:

Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente. Tamén podes poñerte en contacto comigo ou con outros usuarios seguindo o procedemento expresado en Como contactar con outros usuarios.

Non dubides en contactar connosco cando desexares. Un cordial saúdo.--Lmbuga Commons - Galipedia 12:59, 10 decembro 2006 (UTC)

Dei formato ó artigo. Indiquei asemade que probablemente o artigo fose realizado por Xosé Manuel Suárez Martínez ou un familiar. Se fose así tería que ser borrado por vanagloria. A procura de que na Galipedia aparezan datos certos fai que non admitamos que se escriba sobre un mesmo ou achegados.

Considerarei a posibilidade de propor o artigo para borrar

Eliminei o seguinte texto: O seu próximo libro é "Armas para a República. De Nova York a Ferrol a bordo do Mar Cantábrico", que verá a luz no nadal de 2006. Nese texto (inadecuado, propagandístico?) baséase a idea de que o artigo é vanagloria. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 12:59, 10 decembro 2006 (UTC)