Conversa usuario:83.38.148.167

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Felicítoche polo teu traballo, parécenme que os teus artigos Gordiano III e Filipo o Árabe son de boa calidade e de bastante extensión. Sería bo que te rexistraras na Galipedia. Se necesitas algo podes poñerte en contacto comigo, na miña páxina de discusión ou con algún administrador. Saúdos.

-- O Tin

Estou á túa disposición[editar a fonte]

Eu tamén che agradecería que te rexistrases. Se tes nome, e traballas ben, como parece polo que di Martín. axiña vas ter creto. Un número é malo de lembrar.

Por outra banda, cando escribas unha mensaxe, debes asinala (sempre que esteas rexistrado) co penúltimo botón que hai enriba da caixa de edición.

Insisto en que é unha mágo que os demais usuarios, por non estares rexistrado, non poidamos recoñecer o teu traballo e os teus esforzos para que a Galipedia avance. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 00:42, 20 xullo 2006 (UTC)

Marcador {{Atención}}[editar a fonte]

Rogaríache que non borrases o marcador {{Atención}}. Ese marcador serve para indicar que pasa algo nun artigo. Nos máis dos teus, o problema soe ser que hai que revisar a lingua para axustala á norma. Quen pon ese marcador non pode ou non ten tempo para facer unha revisión lingüística; pero pondo ese marcador permite que outros sexan coñecedores de que aí hai traballo por facer. O marcador non implica o borrado do artigo nin moito menos, só supón que un especialista en lingua o relea e corrixa sen variar os seus datos.

Por outro lado, agradecería que te rexistrases. Para o mesmo non se piden datos identificativos, tan só tes que escribir un alcume e un contrasinal para que ninguén poida acceder co teu nome (engadir unha conta de correo é opcional). Se te rexistras e accedes rexistrado permitirás que eu e outros te recoñezamos cando traballes. Se non te rexistras es un usuario anónimo e obrigas a calquera que te vexa a traballar na Galipedia a mirar se es un deses vándalos que andan facendo estragos polos arquivos. Unha vez que tes un alcume, os demais usuarios vante coñecendo, vas ter un creto, e poderán contactar doadamente contigo, como ti podes facer comigo. Encantado de que sigas colaborando, non importa que teñas pausas máis ou menos extensas por motivos de traballo ou que poidas ter algún ca outro erro na lingua, facemos falta todos. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 19:13, 26 xullo 2006 (UTC)

Rexístrate, por favor[editar a fonte]

Ola usuario anónimo. Vexo que desenvolves unha importante actividade na Galipedia, polo cal, para facilitar contactar contigo, rógoche que te rexistres.

Os únicos datos que tes que incorporar no rexistro obrigadamente son un alcume e un contrasinal (cubrir a caixa do e-mail é opcional). Nesta páxina tes máis información: Wikipedia:Como rexistrarse. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 15:37, 11 agosto 2006 (UTC)