Conversa usuario:83.37.195.179

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Ola usuario anónimo, por moito que aparente ser un río o que salva a ponte do Pedrido, non o é. É a ría de Betanzos que por mor das sedimentacións ó longo do tempo foron aparecendo unha especie de illas, que a día de hoxe están cubertas de xunqueiras.

Doutra parte os principais rios que desembocan nesta ría son o Mendo e o Mandeo en Betanzos e Lambre e Baxoi en Miño. Esta foto tireina desde a ponte da AP-9 que cruza a ría. Cando teña tempo hei de ir a tirar outra desde a do Pedrido a esta ponte e verás máis claro que é unha ría. Grazas polo teu traballo. Un saúdo desde Narón.--PepedoCouto 23:48, 28 febreiro 2009 (UTC)

Categorizo esta páxina en Categoría:Benvida ip[editar a fonte]

O motivo de categorizala é que nesa categoría hai unha serie de páxinas de ips que cando se desexe poden ser borradas. De non estaren aí, non se sabería que páxinas borrar--83.37.195.179 23:56, 28 febreiro 2009 (UTC)

Suroeste ≠ Sueste --Xabier Cid Conversa 02:02, 1 marzo 2009 (UTC)

Ben, o suroeste é o punto entre o sur e o oeste, e o sueste o punto entre o sur e o leste. Obviamente hai un erro, porque a formasudoeste* si é incorrecta en galego, pero a forma correcta é suroeste. Pero deixa, que agora que temos un novo bot pode encargarse deses trocos. --Xabier Cid Conversa 02:07, 1 marzo 2009 (UTC)