Conversa usuario:79.153.231.219

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Ola, vexo que estás a copia-los contidos de artigos para pegalos noutros. Antes de que continúes, quería dicirche que Xabier Cid fixera o movemento contrario, e penso que deberiades falalo para chegar a un acordo sobre como debe quedar. Ademais os teus movementos están a provocar que se perdan os historiais dos artigos, polo que en todo caso van ter que ser desfeitas todas esas mudanzas. Saúdos. Alberte Si, dígame? 13:31, 28 febreiro 2009 (UTC)

Ola, estou nunha conexión móbil e non podo estenderme como quixera. As regras da wikipedia sinalan que os títulos dos artigos deben ter a forma máis sinxela e pola que son coñecidos. Nocasoconcreto das estacións de tren, levas moitas semanas facendo un inxente traballo de tradución, pero tamén con numerosísimos problemas: topónimos como Vilanova da Serea, seis diferentes nomes para a mesma estación de barcelona, uso caótico de maiúsculas e estilos, etc. Esta noite farei unha guía de estilos, pero pregaríache que non reverteses os cambios. Amañar todo vai levar moito tempo, pero pódese facer.--Xabier Cid Conversa 13:52, 28 febreiro 2009 (UTC)

Vale, moitas grazas. E sinto as molestias. --79.153.231.219 14:00, 28 febreiro 2009 (UTC)

Non é molestia; pasaches inmensas horas facendo iso, e creo que ten moito valor. Ora ben, non sempre coincide todo o creado coas normas da Galipedia. Agora só queda traballar para amañalo e actualizalo. Pregaríache que te rexistrases, para que puidese ser máis sinxelo traballarmos xuntos e comunicarnos entre nós.
Fixen un pequeno texto con criterios. Bótalle un ollo: Sistema ferroviario. --Xabier Cid Conversa 18:56, 28 febreiro 2009 (UTC)