Conversa usuario:5.56.56.57

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido(a) 5.56.56.57 á Galipedia

Ola, usuario anónimo. Grazas pola túa axuda. Agradeceríache que te rexistrases porque ten moitas vantaxes. Só tes que escribir un nome e un contrasinal. Podes, se o desexas, indicar o teu correo electrónico (é optativo). A túa identidade real queda sempre salvagardada, pero, ao teres nome, podemos recoñecerte e falar contigo. Para rexistrarte preme nesta ligazón: Rexistro, ou le primeiro, se o desexas, Wikipedia:Como rexistrarse.

Ao te rexistrares, terás á túa disposición unha páxina de usuario (na que podes colocar os teus datos) e unha páxina de conversa, na cal escribiremos para nos poñermos en contacto contigo.

Unha vez rexistrado, así que fagas a primeira colaboración na Galipedia, procederemos a darche a benvida.

Se tes dúbidas, podes consultar:

Tamén podes poñerte en contacto comigo ou con outros usuarios seguindo o procedemento expresado en Como contactar con outros usuarios.

--AArizaga (conversa) 2 de abril de 2014 ás 20:59 (UTC)[responder]

Unha edición discordante, nada grave pero discordante despois de todo[editar a fonte]

Boas. Ante todo, grazas polas súas colaboracións coa Galipedia. Quero comunicarme con vostede por un asunto de edicións discordantes, así que antes de nada direi que non desexo que tome esta mensaxe como algo persoal senón como un asunto para o debate aberto e amable. Vexo que revertiu vostede unha edición que eu fixera no artigo "Felipe Criado Boado". Penso que non estou dacordo con esa reversión, porque penso que segue a ser necesaria unha referencia científica. Un artigo de prensa non pode ser considerado unha referencia científica e máis tendo en conta que o artigo se refire ó ano 2008 e estamos en 2014. Afírmase que este home marca a política da Xunta e nin seguera o goberno da Xunta é o mesmo. Considero que esa é unha afirmación non xustificada adecuadamente. O problema é que, sendo unha persoa viva, deberiamos ter moito coidado en incorrer en xuízos de valor. Vou a deixar o artigo como quedou, polo momento, porque tampouco quero entrar en conflito de edicións e porque, como coñezo persoalmente a esa persoa, quizais alguén podería argumentar que se trata dun conflito de intereses ou algo así. De todos modos, quero manifestar o meu desacordo con esa edición en concreto (e todo iso a pesar de que hai certas cousas que se din no artigo periodístico coas que estou dacordo e de que comparto algunhas das cousas que manifesta nese artigo o señor Bermejo, a quen tamén coñezo persoalmente e a quen teño moito respeto intelectual e científico, igual que ó señor Criado). Se quere debater sobre este tema, pode deixarme unha mensaxe na miña páxina de conversa e falamos un pouco máis. Graciñas pola atención e desculpe o meu desacordo. --AArizaga (conversa) 2 de abril de 2014 ás 20:59 (UTC)[responder]

Boas de novo. Grazas pola súa resposta. En primeiro lugar, teño que dicir que ten vostede toda a razón en que coñecer a alguén non é criterio de autoridade de nada. Eu quería dicir que precisamente por ese feito creo que non me compete a min editar este artigo, así que prefiro deixalo noutras mans. O meu problema non é tanto co fondo do contido como coa maneira na que está redactado: eu sería partidario dunha redacción como a seguinte "segundo o profesor Bermejo, as teorías do profesor Criado son as que rexen a política arqueolóxica da Xunta". Creo que é imprescindible aclarar iso de "segundo o profesor Bermejo". Por outra banda, unha nota de prensa tampouco é unha referencia científica adecuada, insisto. O problema principal, polo que estou a seguir con este tema e que quizais vostede tamén coñeza, é que todo isto forma parte dun problema moito máis extenso que afecta ós últimos trinta anos de liortas na arqueoloxía galega. Teño a sensación de que deixar o texto tal e como está pode ser moi negativo, porque implica un xuízo de valor nunha biografía dunha persoa viva. En calquera caso, xa lle digo que eu prefiro deixalo así de momento e sometelo a un punto de vista neutral. De todos modos, obviamente este pequeno desacordo non significa que non poidamos seguir colaborando no futuro, neste artigo e en moitos outros. Graciñas por todo e desculpe o tempo invertido en ler as miñas mensaxes. Apertas. --AArizaga (conversa) 3 de abril de 2014 ás 17:59 (UTC)[responder]
Abrín a conversa do artigo para que se debata alí, de forma tranquila e ordenada, o problema e se trate de chegar a un consenso. Os interesados poden achegar alí o seu punto de vista, información e referencias. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 15 de abril de 2014 ás 10:30 (UTC)[responder]