Conversa usuario:41.239.133.22

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dámosche a benvida á Galipedia, 41.239.133.22

Ola, 41.239.133.22. Grazas pola túa axuda. Agradeceríache que te rexistrases porque ten moitas vantaxes (por exemplo, poder facer uso do revisor ortográfico). Só tes que escribir un nome e un contrasinal. Podes, se o desexas, indicar o teu correo electrónico (é optativo). A túa identidade real queda sempre salvagardada, pero, ao teres nome, podemos recoñecerte e falar contigo. Para rexistrarte preme nesta ligazón: Rexistro, ou le primeiro, se o desexas, Axuda:Rexistro.

Ao te rexistrares, terás á túa disposición unha páxina de usuario (na que podes colocar os teus datos) e unha páxina de conversa, na cal escribiremos para poñernos en contacto contigo.

Unha vez feito o rexistro, así que fagas a primeira colaboración na Galipedia, procederemos a darche a benvida.

Se tes dúbidas, podes consultar:

Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente. Tamén podes poñerte en contacto comigo ou con outra persoa da Galipedia seguindo o procedemento expresado en Como contactar con outras persoas.

Non dubides en contactar connosco cando desexares. Un cordial saúdo. --RubenWGA (conversa) 28 de novembro de 2021 ás 23:50 (UTC)[responder]

Tomás e os seus amigos[editar a fonte]

Boas, o artigo Tomás e os seus amigos, que creaches ti, ten o marcador de curto de máis, a ver se podes amplialo un pouco máis. Saúdos, RubenWGA (conversa) 28 de novembro de 2021 ás 23:55 (UTC)[responder]

Ola 41.239.133.22. Por favor, bótalle unha ollada ao libro de estilo da Galipedia para aprender os patróns a seguir de cara á edición e creación no noso wiki e mais a estrutura que debe cumprir un artigo.

Grazas, un saúdo e a seguir! --RubenWGA (conversa) 28 de novembro de 2021 ás 23:56 (UTC)[responder]

Facer tamén as redireccións[editar a fonte]

Ola 41.239.133.22.

Cando inicies un artigo, cun título determinado, quizais haxa que preguntarse se ese artigo podería ter outros títulos distintos. Póñoche un exemplo: o artigo "Inez Haynes Irwin". No propio texto dicimos "Moitas das súas obras publicáronse co seu antigo nome Inez Haynes Gillmore", por tanto debe facerse, tamén, a redirección desde "Inez Haynes Gillmore". En caso contrario podería chegar a darse a indesexable situación de que outros artigos, existentes ou futuros, liguen con Inez Haynes Gillmore e as ligazóns aparezan en vermello, cando realmente dispoñemos do artigo. Tamén podería suceder que alguén picara nesa ligazón vermella e iniciara un artigo novo, co resultado de que teriamos un artigo duplicado.

Con Haynes talvez abonde cunha redirección, noutros casos poden precisarse moitas: p. ex. encollendo ou estendendo máis ou menos o nome, segundo sexan nomes máis ou menos compostos (incluso incluíndo nomes con abreviaturas), redireccións dende as formas galeguizadas ou as de nacemento, con preposicións, sen proposicións... p. ex. Rosalía Castro de Murguía, Rosalía Castro, Rosalía C. de Murguía, Rousalía Castro, Rousalía Castro de Murguía, María Rosalía Rita de Castro, Rosalía de Castro Abadía, Rosalía de Castro Abadía de Murguía, María Rosalía Rita Expósito… Unha boa forma de atopar diferentes formas dun nome, para un persoeiro determinado, é consultar as páxinas das autoridades ligadas no cadro de control que aparece ao final da páxina (VIAF. GND, ISNI…)

Tes máis información sobre este tema na política oficial "Wikipedia:Redireccións" e na páxina Axuda:Como redireccionar unha páxina.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir! --RubenWGA (conversa) 28 de novembro de 2021 ás 23:56 (UTC)[responder]

Recoñecemento cando se traduce doutra Wikipedia[editar a fonte]

Ola 41.239.133.22.

Por favor, ten en conta que os textos da Wikipedia, en tódalas linguas, publícanse baixo CC BY-SA, e entre os requirimentos desta licenza está o recoñecemento. Isto quere dicir que cando se traen, traducíndoos, contidos doutras wikipedias, cómpre recoñecer a súa orixe/autoría.

Na Wikipedia en galego adoitamos facelo dunha das seguintes dúas maneiras:

  • A maneira máis doada, e empregada, é deixar constancia no cadro Resumo. Exemplos:
Exemplo de recoñecemento.
→ Esta achega é unha tradución do artigo da Wikipedia en castelán: [[:es:Cristóbal Colón]]
→ Este artigo contén material procedente dos artigos das Wikipedias en inglés e portugués: [[:en:Europa]] e [[:pt:Europa]]
→ A primeira edición deste artigo procede da tradución e adaptación do artigo homónimo da Wikipedia en lingua_que_sexa
→ Tradución da versión http://pt.wikipedia.org/w/index.php?title=Albert_Einstein&oldid=11330571 do artigo da Wikipedia en portugués
  • Alternativamente ou complementariamente, tamén se pode facer constar na páxina de conversa do artigo, por exemplo empregando o modelo {{Traducido de}}.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir! --RubenWGA (conversa) 28 de novembro de 2021 ás 23:56 (UTC)[responder]