Conversa modelo:Padrón INE

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Ligazón ó INE[editar a fonte]

Maria zaos, cambiei este modelo para que use a mesma ligazón que a de WD, cando teñas un momento, revisas se o formato é correcto? Vouno poñer no modelo de concello para referenciar a poboación. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 1 de xuño de 2020 ás 21:03 (UTC)[responder]

Veño de contestar na túa páxina de conversa, Elisardojm.--Maria zaos (conversa) 1 de xuño de 2020 ás 21:18 (UTC)[responder]

Formato da referencia[editar a fonte]

A referencia definitiva por xerarquía é, en formato plano, cunha ligazón permanente ( UNE 50-104-94 - ISO 690:1987): España. Real Decreto 743/2019, de 20 de diciembre, por el que se declaran oficiales las cifras de población resultantes de la revisión del Padrón municipal referidas al 1 de enero de 2019. Boletín Oficial del Estado, 27 de diciembre de 2019, núm. 311, pp. 141278 a 141281. Non hai versión galego. Igual conviría usar o formato de cita publicación periódica, que eu é o que uso para os BOEs, aínda que non se visualice exactamente igual. Un saúdo.--Maria zaos (conversa) 1 de xuño de 2020 ás 23:49 (UTC)[responder]

Maria zaos, acabo de cambialo como dis ti, pero non me convence, nesa páxina do BOE non están os datos dos concellos, só vexo os datos de poboación por provincia..., non me parece que sexa esta a ligazón de onde se quitan os datos de WD... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 2 de xuño de 2020 ás 16:23 (UTC)[responder]
xa, entendo o que me dis, pero respostei no apartado Organización .--Maria zaos (conversa) 2 de xuño de 2020 ás 20:54 (UTC)[responder]