Conversa modelo:Medicamento

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Cousas pendentes[editar a fonte]

Boas, este modelo foi traducido de en.wiki, porén debido a que é un modelo monstroso, non adaptei todas as partes. As partes máis importantes que non engadín son as seguintes:

  • a información química. (Feita a fórmula química, faltan outros modelos como o de masa molar)
  • a información legal
  • a autocategorización dos artigos

Pode que haxa algún detalle máis que me falte, posiblemente traducir algún texto perdido. Outra cousa que estaría ben facer sería crear unha subcategoría e meter nela tódolos modelos asociados a este, que son unha chea, para telos todos a man.

Eu, cando teña tempo, intentarei engadir o apartado de información química que é o máis importante dos que faltan. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23 de novembro de 2017 ás 09:07 (UTC)[responder]

Tradución[editar a fonte]

Creo que en INN (international non-propietgary name) pode poñerse no seu lugar DCI. Tamén onset podería traducirse por inicio, refírese ao inicio ou comezo de acción do medicamento unha vez administrado, é dicir, se pon 1 hora quere dicir que tarda 1 hora en facer efecto. E onset of action (que é o que aparece en pantalla) por inicio ou comezo de acción.--Miguelferig (conversa) 13 de decembro de 2017 ás 21:45 (UTC)[responder]

Creo que xa está todo amañado, moitas grazas Miguelferig. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 13 de decembro de 2017 ás 23:09 (UTC)[responder]

Máis traducións: Outros termos que están sen traducir son:

  • Chemically linked Fab = Fab enlazado quimicamente. Refírese ao fragmento de unión ao antíxeno (ab = antigen binding) do anticorpo.
  • Bi-specific T cell engager = Enfrontador de célula T biespecífico (ou tamén BiTE). Trátase dun anticorpo de laboratorio que fai que a célula T se enfronte especificamente con células cancerosas. Por un lado é específico para unirse á célula T e por outro para unirse á célula cancerosa (biespecífico). PERO o complicado aquí é traducir o termo engager. Traducino por enfrontador (que así ten a inicial da sigla) pero non atopei referencias, xa que normalmente se usan para eles as siglas BiTE.
  • Fragmento variable de dobre cadea sinxela (???) = Non estou de acordo con esta tradución. Penso que é mellor fragmento variable de cadea sinxela divalente , que vén do inglés Divalent single chain variable fragments (di-single chain variable fragments).
  • Beta2-adrenergic receptor agonist|Long-acting beta2 agonist = Agonista do receptor beta2-adrenérxico|agonista beta2 de acción longa. Son medicamentos que actúan uníndose ao receptor beta2-adrenérxico celular, o que relaxa o músculo liso, algo útil contra a asma.
Listo, moitas grazas de novo Miguelferig. Saúdos, Elisardojm (conversa) 14 de decembro de 2017 ás 22:43 (UTC)[responder]