Conversa modelo:Estatísticas concello IGE

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
  • Sobre o formato da referencia: só se cita o conxunto completo, non é necesario a) indicar "concello ou entidade específica" nin antes nin despois do título da serie. b) Para as ligazóns, que irían logo de recuperado de prefírense as permanentes, como non creo que sexa o caso, con indicar esta: https://www.ige.eu/igebdt/selector.jsp?COD=1558&paxina=001&c=0201001002, ou -moito mellor e recomendado na propia páxina- só www.ige.eu sen especificar nada máis chegaría. Outra cousa é que queiras incorporar esa ligazón directa para efectos prácticos de wikipedistas, pero xa iría fóra da referencia. Igual cun consultar aquí antes do texto aclarativo en letra pequena. A razón é a de sempre, as referencias deben ser estables, para non verse afectadas polos posibles cambios nas configuracións dos sitios. O mesmo tipo de cuestionamento seguiríase para INE. Alí puxen tamén o lugar do editor, pero non sei que lugar poñer aquí.--Maria zaos (conversa) 27 de maio de 2020 ás 16:41 (UTC)[responder]
Maria zaos, non me gusta que as ligazóns externas teñan só un número, non queda nada ben. Non se pode poñer a no texto do título ou nalgún sitio? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 27 de maio de 2020 ás 22:53 (UTC)[responder]
Comprensible, Elisardojm. Non o leva porque non souben ben como facelo, a verdade. Pode levar título e url, pero como dicía, mellor a continuación da referencia propiamente dita, quizais.--Maria zaos (conversa) 28 de maio de 2020 ás 06:11 (UTC)[responder]
Vale Maria zaos, pois a ver se o podo poñer eu, pero antes quero ter claro o formato, e se é posible, simplificalo. Que che parece poñelo así: "Instituto Galego de Estatística. Series históricas de poboación. Poboación para Galicia, provincias, comarcas e concellos. [Conxunto de datos]. Xunta de Galicia. [(Ligando á páxina do IGE) Poboación do concello X no ano Y].Este produto emprega a API de datos do Instituto Galego de Estatística (IGE), pero non está certificado ou aprobado polo IGE." Explico os cambios, movo o ano para a ligazón xa é o ano dos datos, non de cando os fixo o IGE, e poño tamén aí o nome do concello, quito o texto "Recuperado de", que se non é obrigatorio non o vexo necesario, e na ligazón poño o texto "Poboación do concello de X no ano Y". É obrigatorio poñer o texto "[Conxunto de datos]? Tampouco o vexo necesario... Saúdos, Elisardojm (conversa) 28 de maio de 2020 ás 15:15 (UTC)[responder]

Maria zaos, atopei outra ligazón para o dato da poboación e un cento de datos máis e que, a maiores, ten unha aparencia moito máis axeitada, Sociedade e poboación concello X. Tan só hai que engadir o código de concello á URL de forma semellante á que xa hai no modelo, será mellor cambiala por esta, non? Así cunha ligazón temos referencia tamén para a superficie e amosamos máis datos estatísticos. Saúdos, Elisardojm (conversa) 28 de maio de 2020 ás 20:28 (UTC)[responder]

Maria zaos, cambiei a ligazón a esa páxina do IGE e engadín no modelo concello a referencia á superficie que tamén se amosa nesa páxina. Se podes, revisa se esta referencia é correcta e corrixo o que estea mal. Saúdos, Elisardojm (conversa) 30 de maio de 2020 ás 09:53 (UTC)[responder]
Ai, acabo de decatarme dunha cousa. Que a ligazón anterior permitía obter a poboación de diferentes anos, e a nova ligazón non, pero a vantaxe da nova é que amosa os datos de forma máis visual e moitos máis datos... Haberá que darlle unha volta a ver que será mellor facer... Saúdos, Elisardojm (conversa) 30 de maio de 2020 ás 09:59 (UTC)[responder]
Ola, si. Esta se referenciaría considerando que é unha páxina web, non un conxunto de datos. (Agrega datos de diversas fontes e muda co tempo). Cambieicho todo a un xeito como cita web. Teño que mirar ben como é que vai o da data, que son nova nisto. Outra cousa: os códigos IGE e os INE non coinciden. Anímaste a botarme unha man para presentar unha proposta de propiedade "identificador IGE" en Wikidata?. Preciso alguén que me axude co do formato da expresión regular, que eu sei cousas moi básicas e non quero meter a pata, Elisardojm.--Maria zaos (conversa) 30 de maio de 2020 ás 10:13 (UTC)[responder]
@Maria zaos: Creo que habería que quitar da referencia algunha das repeticións do nome do concello, agora sae en tres sitios..., non? O da data non sei moi ben como queres facer, o modelo está metido no modelo:Concello, e xa se xera de forma automática en cada momento. Que data de consulta imos poñer se non consultamos esas ligazóns? A data do día? a data de hoxe? Non me convence moito porque realmente non consultamos a ligazón en todos os concellos... Eu case dicía de quitala...
Pero o que me preocupa máis é o que dis dos códigos, non coinciden os do IGE e os do INE?? Pois entón estamos fastidiados... En que concellos non coincide?
Se non hai máis remedio engadir os códigos do IGE, tentarei botar unha man con iso, dime onde e revísoo. Saúdos, Elisardojm (conversa) 30 de maio de 2020 ás 15:23 (UTC)[responder]
Maria zaos creo este ping tampouco che avisou, cando poidas, bótalle un ollo ó comentario anterior. Saúdos, Elisardojm (conversa) 31 de maio de 2020 ás 00:05 (UTC)[responder]

────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────Non, non funciona o ping. Penso que non se parecían en nada, pero revisarei. Pero tardo un pouco,si? .ElisardojmMaria zaos (conversa) 31 de maio de 2020 ás 16:50 (UTC)[responder]

Cando poidas, non hai présa, Maria zaos. Saúdos, Elisardojm (conversa) 31 de maio de 2020 ás 22:11 (UTC)[responder]
Maria zaos, quitei da referencia o texto de data de consulta mentres non se decide que poñer, é que estaban saíndo os parámetros baleiros. Tamén quitei os nomes do concello repetidos, agora o nome do concello só aparece unha vez, se hai que poñelo nalgún sitio máis avísame e engádoo. Saúdos, Elisardojm (conversa) 2 de xuño de 2020 ás 16:31 (UTC)[responder]