Conversa modelo:Benvida ip

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Redacción neutral do modelo[editar a fonte]

Boas. Tendo en conta que non hai consenso para o uso da duplicidade (os/as, o/a etc.) nos artigos, suxiro mudar a frase "Benvido(a)" por "Dámosche a benvida, [ip]" que é igualmente comprensible, neutral e polo tanto respectuoso con calquera persoa, incluídas as que se definen baixo un esquema "non-binario". Nesta liña tamen habería que modificar:

  • Unha vez rexistrado> Cando fagas o rexistro, Logo de rexistrarte etc.

Non sería necesario cambiar máis nada, xa que "páxina de usuario" é o termo aceptado e aceptado tamén está o masculino xenérico en "usuarios" .Saúdos.--Maria zaos (conversa) 9 de decembro de 2019 ás 23:08 (UTC)[responder]

Concordo --. HombreDHojalata.conversa 12 de decembro de 2019 ás 11:07 (UTC)[responder]
Concordo Xas (conversa) 22 de marzo de 2020 ás 19:03 (UTC)[responder]
Concordo --Chairego apc (conversa) 22 de marzo de 2020 ás 23:41 (UTC)[responder]
Concordo--MAGHOI (conversa) 23 de marzo de 2020 ás 17:43 (UTC)[responder]

Feito! Feito! Cambiado tamén usuarios por "outras persoas da Galipedia". Mantense "páxina de usuario" e "usuario anónimo"@Banjo: para que funcione debería mover o modelo a "Dámosche a benvida ip", creo. Pero non quero meter a pata. Poderías axudarme nisto? grazas!-Maria zaos (conversa) 6 de abril de 2020 ás 10:06 (UTC)[responder]

Creo que non é necesario movelo. Enténdese ben. E todo o mundo coñece xa esta dirección do modelo, mellor non variala. Manteñámola. Grazas, @Banjo:.--Maria zaos (conversa) 6 de abril de 2020 ás 10:10 (UTC)[responder]

──────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────── Boas, nas mensaxes seguía a figurar "usuario anónimo" que mudei hoxe polo nome da ip editora, de xeito que sexa máis coherente a mensaxe co que se buscaba na conversa máis arriba. Un saúdo.--Maria zaos (conversa) 10 de novembro de 2021 ás 16:41 (UTC)[responder]