Conversa modelo:Atención

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Propoño que o motivo sexa obrigatorio[editar a fonte]

Para que todos os artigos que se meten nesta categoría teñan claramente identificado o motivo polo que se lle pon o cartel de atención, propoño que ese parámetro sexa obrigatorio. Actualmente moitos artigos están na categoría Atención con este aviso pero non hai máis información, nalgúns casos o problema é obvio, erros ortográficos ou wikificar, pero noutros non é tan doado, e non hai ninguén mellor que o que pon a marca para explicar, cun par de palabras, o problema que ten o artigo, penso eu. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 9 de novembro de 2015 ás 11:18 (UTC)[responder]

Obrigatorio, obrigatorio... únicamente facendo que non amose o cadro e só unha mensaxe de advertencia se non se inclúe o motivo... Doutra forma, ocórreseme que por defecto amose un aviso na propia caixa cando falta a descrición do motivo, algo coma isto. Banjo tell me 9 de novembro de 2015 ás 11:32 (UTC)[responder]
A ver, non é tanta cousa poñer catro palabras no motivo..., e o que pon o Atención nese momento sabe perfectamente o problema que lle atopa, e logo iso facilita moito o traballo para os que queiran amañalo... Se só sae unha nota no modelo non creo que se consiga moito. É que tal e como está agora o aviso o problema pode ser do sexo dos anxos, eu cando mirei algúns artigos da categoría non sabía cal era o problema que tiñan e tiven que mergullarme no historial para tentar atopalo... Saúdos, Elisardojm (conversa) 9 de novembro de 2015 ás 13:03 (UTC)[responder]
Que tal así logo? Banjo tell me 9 de novembro de 2015 ás 13:11 (UTC)[responder]
Elisardo, é moi simple: se revisas un artigo que ten o modelo "atención" e non lle atopas ningún problema:... quítallo. --. HombreDHojalata.conversa 9 de novembro de 2015 ás 15:37 (UTC)[responder]
Si, pero rematas moito antes se che din dende o principio cal é o problema que rebuscando e dando voltas polo artigo..., cantas máis facilidades demos mellor será, non? Saúdos, Elisardojm (conversa) 9 de novembro de 2015 ás 17:55 (UTC)[responder]
Banjo, ese novo modelo insire de forma automatica, se non a leva, a data de inserción para que quede categorizado de forma automatica na categoría de data? Podería poñerselle? Saúdos, Elisardojm (conversa) 9 de novembro de 2015 ás 18:01 (UTC)[responder]
Si, o propio {{Atención}} xa o fai, pero só cando se engade substituido-> {{substːAtención}} ou {{substːAtención|motivo}} Banjo tell me 9 de novembro de 2015 ás 18:55 (UTC)[responder]

Volvo de novo: solicitar que o campo de motivo sexa obrigatorio[editar a fonte]

Boas, de novo veño a pedir que o parámetro de motivo sexa obrigatorio neste modelo para facilitar o traballo da xente que trata de amañar estes artigos. Despois da última malla na que me decatei que hai máis de 1000 artigos con este modelo e que nalgúns deles é complicado saber cal é o problema que teñen, creo que é preciso realizar este cambio.

Non mirei como habería que facer tecnicamente pero supoño que será sinxelo, o Modelo:Aviso xa o fai. Pero antes de poñerse a fedellar creo que é mellor que o comentemos un pouco entre todos.

A maiores, penso que tamén estaría ben que no modelo se indicara, nun texto pequeniño para que non moleste, unha ligazón ó usuario que o insireu para poder contactar con el de forma sinxela. Isto tamén facilitaría a comunicación e aforraría o traballo de andar buscando a inclusión do modelo no historial. Saúdos, Elisardojm (conversa) 19 de xullo de 2017 ás 10:09 (UTC)[responder]