Conversa ficheiro:Bono de ProLingua.jpg

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Ola, Pilar. Non creo que este arquivo poida ser subido á Wikipedia. Está baseado nun traballo orixinal de Xosé Cobas e polo tanto, por absurdo que poida parecer, ten os seus dereitos de copia e reprodución ata 2080 70 anos desde a morte de Cobas, que felizmente aínda está vivo. :( --Xabier Cid Talk, please 21:27, 16 de agosto de 2010 (UTC)
Ola Xabier, supoño que non importa a estes efectos que Xosé Cobas lle teña cedido a Prolingua ese traballo, non? Saúdos.--Aprofa (Dime algo aquí) 23:59, 17 de agosto de 2010 (UTC)

Ola, Pilar. Non, porque o problema non é de uso, senón de propiedade intelectual. Por moito que lle diga a alguén en concreto que pode facer uso da imaxe, para que se puidese empregar na wikipedia tería que liberar ese material cunha licenza compatible, e facelo por escrito, para que se puidese gardar como proba no historial do arquivo. Un saudiño--Xabier Cid Talk, please 08:00, 18 de agosto de 2010 (UTC)