Conversa categoría:Nados en Noruega

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Oficialmente os condados de Akershus, Buskerud e Østfold non existen ao formar o novo condado de Viken en xaneiro de 2020. Pero tanto os antigos condados como a asemblea e consello do actual condado están en contra da súa existencia e afirman que o seu principal obxectivo é a eliminación do propio condado se hai unha nova maioría en 2021 e de feito non realizaron ningún intento de integrar os antigos tres condados. Non sei se paga a pena pasar o traballo en amañar as categorías para o novo condado se pode desaparecer dentro duns meses. Quizais mellor agardar e se daquela aínda existe axustar as categorías.--HacheDous=0 (conversa) 25 de setembro de 2020 ás 17:18 (UTC)[responder]

Agardemos logo. E grazas pola explicación. --Atobar (conversa comigo) 25 de setembro de 2020 ás 18:50 (UTC)[responder]